Notas de prensa

Estréase a miniserie Vento ferido, unha adaptación fílmica da obra de Carlos Casares

A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais.

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu a estrea da miniserie Vento ferido, un proxecto realizado por alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual e Publicidade do campus pontevedrés a partir da obra homónima do escritor Carlos Casares e que se enmarca no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.

“Desde a Consellería de Cultura e Educación, particularmente desde a Agadic, e en colaboración coa Fundación Carlos Casares, coa Universidade de Vigo, co Concello de Celanova e coa Deputación de Ourense, seguimos comprobando o froito de apostar por esas experiencias que ofrecen un complemento práctico indispensable para a formación dos futuros profesionais do audiovisual”, asegurou, en alusión ao curso, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou no acto de estrea.

A literatura galega, fonte para a creación audiovisual

“Creo que a fórmula desta experiencia do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova de producir unha nova proposta creativa, neste caso audiovisual, partindo dun bo texto literario é unha grande idea”, afirmou Anxo Lorenzo, quen tamén se referiu ás “excelentes historias que conteñen as páxinas da literatura galega e que merecen estar na pantalla”.

Segundo dixo, “o guión desta miniserie de tres capítulos está baseado nun dos textos máis importantes da narrativa galega recente, que nos ofrece un conxunto de relatos dunha enorme forza narrativa e visual na propia escrita de Casares, polo que a escolla, arriscada pola dureza dos propios textos, é de seu suxestiva”. Finalmente, afirmou que “o exercicio case profesional que realizaron este grupo de xente moza, en adaptación libre, para contaren a súa propia historia, merece todo o noso aplauso”.

A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais de montaxe, composición e dirección de fotografía, así como a exhibición do traballo resultante da nova entrega do taller ‘Celanova, plató de ficción’, do que forma parte a miniserie ‘Vento ferido’.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-09-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (films-from-galicia-2025.jpg) A Xunta de Galicia acaba de lanzar a nova edición do seu catálogo Films from Galicia, que ofrece unha completa panorámica da actual produción galega de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e feiras do sector a nivel internacional. A compilación de 2025 reúne 62 novos títulos do audiovisual galego, dos que 14 foron estreados recentemente e os 48 restantes están ultimando a súa próxima chegada á gran e pequena pantalla. Tamén son 48 as producións desta escolma que contaron con financiamento da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través dalgunha das liñas de subvencións ao sector que xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Foto de la tercera plana (union-europea.jpg) O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, pediu en Bruxelas un modelo de xestión compartida dos Fondos Europeos e o reforzo do papel dos entes territoriais. Galicia aposta por unha Política de Cohesión europea máis forte e moderna onde as rexións teñan un papel fundamental á hora de deseñar e xestionar as accións necesarias para abordar os retos de cada territorio, como puxeron de manifesto tanto o propio Miguel Corgos como o presidente da Xunta en distintas intervencións no Parlamento Europeo nos últimos meses. Durante unha intensa xornada de reunións, organizada pola Fundación Galicia Europa, Miguel Corgos trasladou a visión do Goberno galego sobre unha posible reforma dos fondos de cohesión para o novo marco de actuación.

Notas

O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) acaba de conceder ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caídas durante a marcha en persoas maiores e adultos. Esta innovación é froito das investigacións desenvolvidas nos últimos anos por José Luis García Soidán e Vicente Romo, do grupo de investigación Hi10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, xunto con Raquel Leirós e José Alberto Benítez, da Universidad de León.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES