Exposición de Manuel RodrÃguez López na Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso
Na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso vaise abrir ao público o mércores 13 de maio, ás cinco da tarde, a exposición Manuel RodrÃguez López sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición.
A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (SecretarÃas Xerais de PolÃtica LingüÃstica e de Cultura), a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Real Academia Galega.
Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para logo exponerse en Lugo – Museo Provincial- no San Froilán de 2013, e logo en Begonte, Paradela, PortomarÃn, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona e Madrid. E, no pasado mes de abril, de novo en Lugo na Biblioteca Nodal. Despois de Ponteceso, onde permanecerá ata finais do mes de maio, será instalada na Biblioteca Anxo Casal de Santiago de Compostela.
Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vÃnculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no PaÃs catalán.
Na inauguración desta exposición na Fundación Pondal de Ponteceso participarán representantes da Xunta de Galicia, da Fundación Eduardo Pondal, a familia do escritor e responsables de GaliciaDigital.
X.X., 2015-05-12
Actualidad
Presentouse hoxe o programa 'Os trazos de Risco', unha iniciativa que contará con cinco pezas audiovisuais para homenaxear a Vicente Risco coincidindo co 140ª aniversario do seu nacemento. Trátase dunha iniciativa que conta coa colaboración do Goberno galego e que afonda nas distintas facetas do autor. Este programa afondará na vida e obra do ourensán Vicente Risco, un home que desenvolveu as súas inquedanzas en diversos eidos, como o literario ou o polÃtico, que pertenceu á Xeración Nós e que deixou unha herdanza cultural que perdura ata os nosos dÃas. O programa está composto por cinco conversas que se gravaron no Teatro Principal de Ourense.
Gastro Movida Summit contará con 24 accións, showcookings, obradoiros de coctelerÃa, competición de startups e máis de 80 relatores, entre os que destacan 5 chefs Estrela MichelÃn como Pepe Solla, de Casa Solla; Rafa Centeno, de Maruja Limón; Alberto G. Preclic, de Silabario, e Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, de Ceibe. Tamén asistirán sumilleres de primeiro orde no panorama nacional como Tomás Ucha, de DiverXo (3 Estrellas MichelÃn); Ebelia Mora, de Pepe Vieira (2 Estrellas MichelÃn), Esther Daporta, de Yayo Daporta (1 Estrella MichelÃn), EstefanÃa RodrÃguez Alves, de Culuca; ou Carlos Taboada, de Hotel Santo Mauro Madrid.
Notas
O Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que este ano chega a súa décima edición, vense celebrando na vila ribadense coa participación dos mellores músicos galegos, nacionais e internacionais da música negra en xeral, tanto de jazz como de blues, soul, funky ou góspel. Polo seu escenario desfilaron figuras da talla de Hiromi, Nicholas Payton, Ray Gelato, Eric Sardinas, Andrea Motis, Marlango, Jorge Pardo, Zenet, Sumrrá, Abe Rábade, etc.
O menor nivel de infraestruturas, a escaseza de recursos financeiros e de redes de apoio e a diferenza de oportunidades son algunhas das dificultades que atopan as persoas emprendedoras no medio rural, segundo o informe executivo GEM Galicia 2023-2024, que estuda o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras en Galicia e cuxa coordinación é responsabilidade da USC.