Notas de prensa

Exposición sobre Manuel Rodríguez López, na Casa de Galicia en Madrid

A exposición MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego,poeta obreiro, promovida por Galiciadixital, inaugúrase na Casa de Galicia en Madrid

Hai tres anos que GaliciaDigital emprendeu o que se denomina PROXECTO MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ para rescatar a figura deste importante escritor nado en Paradela (Lugo), emigrante aos seis anos coa súa familia a Catalunya, e que chegou a ser a ponte perfecta entre os Galegos en Catalunya e a Galicia interior, a a través da súa poesía, da súa narrativa e das súas crónicas periodísticas.

MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, a dicir de Méndez Ferrín na súa tese “De Pondal a Novoneyra”, é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX. A súa poesía ten unha forza expresiva, froito do amor do autor por Galicia e o galego, e da súa experiencia como obreiro en Cataluña dos anos cincuenta, sesenta e setenta. Temas recorrentes son a terra, a emigración, o traballo, sempre na defensa dos máis humildes, dos máis desfavorecidos; sempre vivindo en Galicia -vivindo Galicia- aínda que residise en Catalunya. Os últimos anos da súa vida viviunos en Lugo, onde morreu o 13 de febreiro de 1990. Precisamente vimos de celebrar en Paradela, no Colexio Público ,cos alumnos do centro, os vintecinco anos da desaparición física deste paradelense ilustre ao que o Concello ten nomeado Fillo Predilecto, deu o seu nome á Casa da Cultura, e instituíu un Certame Literario (prosa e poesía) que está xa na súa XX edición, recibíndose preto de un milleiro de traballos de todo o mundo de fala castelán e galega.

Ademais das súas creacións en poesía e prosa, este autor ten un moi importante traballo xornalístico, difundindo especialmente en Galicia o traballo dos galegos no país catalán. Colaborador asiduo de El Ideal Gallego, El Progreso, Faro de Vigo e outros medios, as súas crónicas foron recollidas nos libros GALEGOS EN CATALUNYA, I e II, e nelas se reflicte a constante presenza da cultura galega en Cataluña, tanto pola visita de galegos como (e de xeito especial) polo traballo das colectividades galegas en Catalunya. Membro do Centro Galego de Barcelona, foi o seu Cronista Oficial, deixando unha moi fonda lembranza que puido acreditarse na recente presenza desta exposición naquel Centro.

Se o Proxecto naceu inicialmente para solicitar a dedicación a este autor dun Día das Letras Galegas, leva xa funcionando tres anos difundindo a vida e obra deste autor, tendo como elemento esencial unha web (www.manuelrodriguezlopez.org) en castelán, galego, catalán e inglés, unha antoloxía poética, e esta exposición itinerante, formada por dezaseis paneis onde se reflicte o máis salientable da traxectoria vital e creativa deste autor.

Os que acudan a visitar esta exposición recibirán cadanseu folleto no que se reflicten integramente os paneis da Mostra, co fin de que os interesados no tema poidan "levar para a casa" esta completa información sobre Manuel Rodríguez López.

O proxecto púxose en marcha en colaboración coa familia do escritor e o Concello de Paradela, con axuda da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Cultura e Política Lingüística), e da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración da Real Academia Galega, da que o seu Presidente dirixiu e prologa a Antoloxía Poética, que tamén se entregará gratuitamente aos visitantes á exposición.

A exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego,poeta obreiro” inaugúrase na Casa de Galicia en Madrid o mércores, 4 de marzo, ás sete da tarde, coa presencia do Delegado da Xunta en Madrid, JOSÉ RAMÓN ÓNEGA e do Alcalde de Paradela, JOSÉ MANUEL MATO DÃAZ.


Galicia Digital, 2015-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (premios-maria-casares-2025.jpg) A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios María Casares de Teatro, que congregará no Teatro Rosalía Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañía Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañías ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e Víctor Mosqueira.
Foto de la tercera plana (facelafest-2025.jpg) O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os días 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.

Notas

Kip Thorne, Premio Nobel de Física 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación científica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuír ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES