Orfeón Lucense ofrece 8 concertos durante o mes de decembro
O Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, ten comprometidas oito
actuacións no decurso deste mes de decembro, entre elas a da inauguración do Belén de Begonte que pregona nesta edición o presidente da Xunta.
A primeira delas será o dÃa cinco, venres, en Begonte, onde ás cinco da
tarde cantará a misa na igrexa parroquial e logo ofrecerá un recital de
panxoliñas despois do pregon do Nadal que pronunciará o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O dÃa oito actuará na Catedral con motivo da Festividade da Virxe. O 14,
celebrará un concerto de Nadal, xunto coa Banda Municipal de Lugo, na
igrexa de San Pedro, dentro do ciclo que promove o Concello de Lugo.
O 18, actuará na igrexa da Nova, nos actos finais da Novena da Virxe da
Esperanza.
O 19, actuará no salón de actos de Abanca, con motivo do Pregón do Nadal.
O 27, ás seis da tarde, ofrecerá na capela do Bo Xesús da Catedral Lucense
o xa tradicional Concerto de Nadal.
O 28, cantará en Teixeiro con motivo das celebracións do DÃa da Familia.
E o trinta, cantará panxoliñas polas rúas da capital, dentro da Campaña de
cantos de Nadal que organiza a área de cultura da Deputación Provincial de
Lugo.
FotografÃa: Carlos RodrÃguez Arias
Máis información: http://www.orfeonlucense.com
Orfeón Lucense, 2014-12-02
Actualidad
A Xunta estenderá a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid ata o 31 de xaneiro. O obxectivo é permitir que a poboación diana que aÃnda non se vacinou teña a oportunidade de facelo antes da chegada do pico de contaxios. Tomando como base o labor de vixilancia epidemiolóxica realizado pola ConsellerÃa de Sanidade, o pico da gripe está previsto na semana do 20 ao 26 de xaneiro. Nestes momentos, o nivel da onda é baixo, con tendencia crecente, e a previsión é que continúe asà durante a segunda e a terceira semana deste mes. As persoas pertencentes aos grupos de risco poden solicitar autocita a través da aplicación Sergas Móbil, no apartado de campañas de promoción da saúde. Os horarios de vacinación nos 14 hospitais públicos están dispoñibles na web do Sergas.
Esta mostra, que afondaba na cultura viquinga e tamén na súa pegada en Galicia, é responsable, xunto ás exposicións 'Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum' e 'Tattoo. Arte baixo a pel', de que a Cidade da Cultura despida 2024 coa cifra máis alta de participantes no seu programa cultural. Deste xeito, cunha media diaria de 400 visitantes, 'Unha vida viquinga sitúase', xunto a 'Faraón. Rei de Exipto e a Galicia', un relato no mundo, entre as exposicións da Cidade da Cultura cun maior número de afluencia.
Notas
Os investigadores do grupo de EnxeñarÃa Supramolecular (SUPREN) do CICA, Iago Neira, Marcos GarcÃa e Carlos Peinador, participaron nun estudo liderado polo profesor Alberto Credi, da Universidade de Bolonia (Italia), que acaba de ser publicado na revista cientÃfica Chem. Este proxecto é o resultado dunha colaboración entre os Departamentos de QuÃmica Industrial “Toso Montanari”, QuÃmica “Ciamician” e Ciencia e TecnoloxÃa Agraria e dos Alimentos de Alma Mater, A Universidade da Coruña e o Instituto Isof-Cnr en Bolonia.
Un ano máis, o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas organiza en Santiago a Masterclass Internacional de fÃsica de partÃculas que conmemora o DÃa Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Será o martes 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas da USC cando alumnas de 1º bacharelato de centros educativos de toda Galicia convivirán con investigadoras do IGFAE e o CERN.