Notas de prensa

Manuel Rodríguez López, socio de honra a título póstumo, do Centro Galego de Barcelona

A familia do escritor Manuel Rodríguez López ven de recibir o título de Socio de Honra do Centro Galego de Barcelona, a título póstumo, como recoñecemento da entidade ao que foi durante moitos anos o seu Cronista oficial, Secretario e socio.

A entrega efectuouse no decurso dun acto que tivo lugar na Galería Sargadelos de Lugo, no que participou o Presidente do Centro galego barcelonés, Manoel Carrete; o Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.

A distinción recibiuna a viuva do escritor, Irene López, á que acompañaba o seu fillo, Enrique. O outro fillo, o profesor Santiago Rodríguez, enviou desde Bristol un comunicado de agradecemento que a petición da viuva foi lido polo escritor Xulio Xiz, amigo da familia.

Manuel Rodríguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do Centro Galego, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.

A decisión de conceder esta distinción ao escritor, cando están a punto de cumplirse os vintecinco anos do seu pasamento, tomouna a directiva do Centro Galego o pasado mes de outubro cando nas súas instalacións se inaugurou a exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Cultura e de Política Linguística), Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Xa daquela se acordou que a entrega se faría na capital lucense, como ven de efectuarse.

Manoel Carrete, na súa intervención, reflectíu os méritos do escritor en relación co Centro Galego, con Catalunya e con Galicia, congratulándose de que fose agora, na súa presidencia, cando se fixese xustiza con Manuel Rodríguez, despois de que o centro se beneficiase de tanto traballo, dedicación e devoción por parte do finado escritor.

O Alcalde de Paradela, concello que ten nomeado a Manuel Rodríguez López fillo predilecto, dado o seu nome á Casa da Cultura e que convoca un certame literario que vai pola XX edición, agradeceu no nome do pobo nadal do escritor a distinción, e recalcou que vintecinco anos despois da súa morte está para os paradelenses e para todos os galegos máis vivo ca nunca.

Pechou o acto o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, que subliñou a vontade da Xunta de Galicia de potenciar iniciativas de reivindicación de escritores galegos que merecen ser recordados polo seu servizo ás letras e ao país, e máis neste caso que –vivindo en Cataluña a maior parte da súa vida- foi un home fondamente galego, vencellou aos galegos da emigración co seu país e a súa xente, e abogou porque as novas xeracións coñezan estes ejemplos sobranceiros de amor á terra, como modelos a seguir e estudiar.

O acto completouse coa lectura dos poemas de Manuel Rodríguez “Que fermosa a miña Patria” e “Ti es eterno”, por parte do gran escritor lucense Xavier Rodríguez Barrio, que cobraron vida especial na voz deste poeta, un dos mellores decidores de versos do país galego.

Fotografía: Carlos Rodríguez Arias

X.X., 2014-11-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES