Notas de prensa

Acto do Centro Galego de Barcelona en Lugo

O seu Presidente, Manuel Carrete, entrega o título de honra a título póstumo ao escritor Manuel Rodríguez López.O venres, día 7 de novembro, ás oito do serán, na Galería Sargadelos de Lugo, o presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete, vai facer entrega do título de Socio de Honra do Centro, a título póstumo, ao escritor Manuel Rodríguez López. A distinción será recibida pola súa viúva Irene López, e polo seu fillo Enrique Rodríguez.

Manuel Rodríguez López, cronista dos galegos en Catalunya e do centro galego, considerado o mellor poeta obreigo galego do século XX, foi o vencello entre os galegos da emigración catalana e a súa Galicia natal, cunha importante obra poética e narrativa na que destaca a constante preocupación polos temas obreiros e labregos, e a permanente divulgación do labor cultural e social dos galegos afincados en Catalunya.

O pasado 11 de outubro inaugurouse no Centro Galego de Barcelona a exposición MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego, poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, coa colaboración do concello de Paradela, Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, concello de Lugo e Real Academia Galega. Con motivo da apertura desta mostra, a directiva do Centro Galego acordou nomear socio de honra a título póstumo ao que fora socio distinguido e o seu cronista oficial. Esa distinción efectúase agora na capital lucense.

Teñen confirmada a súa participación o Presidente do Centro Galego de Barcelona, Manoel Carrete; Alcalde de Paradela, José Manuel Mato; e Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística. Neste acto recitará dous poemas de Manuel Rodríguez López o escritor lucense Xavier Rodríguez Barrio, e a familia expresará o seu recoñecemento en palabras da viuva de Manuel Rodríguez, e a través dunha mensaxe do profesor Santiago Rodríguez, fillo do homenaxeado, desde Bristol (Reino Unido).

X.X., 2014-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES