Exposición: Manuel RodrÃguez López, no Centro Galego de Barcelona
Inaugurouse no Centro Galego de Barcelona a exposición Manuel RodrÃguez López, emigrante galego-poeta obreiro, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, o Concello de Lugo, a Vicepresidencia da Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega (RAG).

Na emigración catalana escribÃu este autor a maior parte da súa obra, sendo o cronista do Centro Galego que agora acolle a súa exposición e forxador dun vencello cultural e social entre os “Galegos en Catalunya” (asà se titulan dúas das súas obras) e Galicia.
A inauguración foi presidida por ValentÃn GarcÃa Gómez, Secretario Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia, acompañado pola familia do escritor (Irene, a súa viuva, e os seus fillos Enrique e Santiago); Xavier Cortés, Responsable de relacións da Generalitat coas Casas rexionais; Manoel Carrete, Presidente do Centro Galego; Domingo Balboa, Presidente da Federación de Centros Galegos; o escritor Xosé Lois GarcÃa, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital. Ademais das intervencións dos mencionados, deuse lectura a mensaxes do Alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e de Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega. O cantautor lucense afincado en Barcelona, Alfredo González Vilela interpretou temas con letra de Manuel RodrÃguez López.
A exposición permanecerá en Cataluña ata finais de ano, percorrendo –despois de dúas semanas no Centro Galego- outros centros galegos daquela Comunidade. Con motivo desta exposición, o Centro Galego de Barcelona acordou nomear Socio de Honra da entidade a tÃtulo póstumo a Manuel RodrÃguez López, distinción que lle será entregada á súa viuva e fillos nun acto a celebrar en Lugo, na Sala Sargadelos, a comezos do mes de novembro.
Xulio Xiz (Galiciadixital.com), 2014-10-14
Actualidad

A cidade da Coruña acollerá o vindeiro xoves 3 de abril a cerimonia de entrega dos XXIX Premios MarÃa Casares de Teatro, que congregará no Teatro RosalÃa Castro unha ampla representación do sector escénico galego. Con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta, a compañÃa Sarabela Teatro será a encargada de conducir a gala desta 29ª edición, que tomará como referencia o concepto clásico das compañÃas ambulantes reflectido no cartel deste ano para poñer o foco nos diferentes oficios profesionais que conforman o feito teatral. O elenco estará integrado por Elena Seijo, Sabela Gago, Belén Constenla, Josito Porto, Fernando González e VÃctor Mosqueira.

O festival de música independente Facela Fest vaise celebrar na capital lucense os dÃas 8, 9 e 10 de maio. Entre os grupos e artistas confirmados figuran The Undertones e Christina Rosenvinge, xunto con outros nomes nacionais e internacionais como VVV [Trippin'you], Margaritas Podridas, Stompin' Riffraffs, Marcelo Criminal, Black Ends, Kokoshka e Las Petunias. Tamén haberá presenza de bandas de Lugo e doutros lugares de Galicia como Grande Amore, Moloch, Pladür, Jade 4 ou Los Revelators. A inauguración está prevista para o xoves 8 de maio no Club Clavicémbalo, mentres que os concertos do venres 9 e o sábado 10 serán no exterior do auditorio Gustavo Freire.
Notas
Kip Thorne, Premio Nobel de FÃsica 2017 'polas súas contribucións decisivas ao detector LIGO e a observación de ondas gravitacionais' será o vindeiro convidado do Programa ConCiencia, dirixido polo catedrático da USC, Jorge Mira Pérez. Thorne, que visitará a USC no mes de maio, especializouse no estudo de buracos negros e estrelas de neutróns, e explorou a estrutura do espazo-tempo interesándose na posibilidade de realizar viaxes no tempo mediante buracos de verme.
O campus de Ourense acolleu este xoves o lanzamento do foro de debate e divulgación cientÃfica Ãgora Termal. A entidade nace a instancia dun nutrido grupo de persoal docente e investigador do Campus Auga da Universidade de Vigo 'coa vocación de contribuÃr ao desenvolvemento do termalismo e propiciar o aproveitamento sostible dos recursos xeotérmicos de Ourense'.