Notas de prensa

Ródase en Nigrán o filme sobre a novela de Domingo Villar: A praia dos afogados

O actor Carmelo Gómez, no papel do inspector Leo Caldas, encabeza un elenco no que figuran os galegos Marta Larralde, Celia Freijeiro, Tamar Novas, Pedro Alonso, Luis Zahera, María Vázquez e Carlos Blanco, dando vida ás personaxes da novela de Domingo Villar que leva á gran pantalla Gerardo Herrero.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Nigrán nunha xornada da rodaxe do filme ‘A praia dos afogados’, que se está a levar a cabo en distintos concellos pontevedreses baixo a dirección de Gerardo Herrero e a cargo da produtora galega Foresta Films. O proxecto, cofinanciado pola Consellería coa concesión en 2013 de 208.078,64 euros a través das subvencións da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) á produción de longametraxes cinematográficas en lingua galega, leva á gran pantalla a premiada obra do mesmo título do autor vigués de novela negra Domingo Villar.

En representación de Cultura e Educación, o director da Agadic, Jacobo Sutil, compartiu co equipo técnico e artístico uns momentos da filmación levada a cabo nas dependencias da antiga comisaría de Nigrán, onde teñen lugar algunhas das escenas da película. Alí comprobou o momento da produción no que se atopa a fita protagonizada polo actor Carmelo Gómez, quen encarna o personaxe central do inspector Leo Caldas, xunto a un elenco que conta con Antonio Garrido no papel de Estévez e cos galegos Marta Larralde, Celia Freijeiro, Tamar Novas, Pedro Alonso, Luis Zahera, María Vázquez e Carlos Blanco.

‘A praia dos afogados’, que entra estes días na súa quinta e penúltima semana de rodaxe en diferentes localizacións dos municipios de Vigo, Nigrán, A Guarda e O Rosal, é unha coprodución de Foresta Films con Tornasol Films e Milou Films, na que ademais da Xunta de Galicia participan Televisión de Galicia (TVG), Televisión Española (TVE) e o Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA).

O guión, escrito polo propio Domingo Villar xunto a Felipe Vega, baséase na novela homónima publicada en 2009 por Editorial Galaxia, considerada como unha das obras máis representativas do xénero negro en Galicia. A trama desenvólvese a través da investigación policial que se xera despois da aparición do cadáver dun mariñeiro nunha praia de Panxón.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2014-06-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (vivienda.jpg) As xornadas, celebradas na sede da Fundación RIA, presidida por David Chipperfield, desenvolveranse os vindeiros catro días e contarán coas intervencións de expertos do urbanismo, da mobilidade, da vivenda ou da cohesión social. Nas distintas mesas reuniranse experiencias de éxito nacionais e internacionais e tamén locais. Nestes encontros terá lugar o intercambio de experiencias sobre asuntos como a singularidade territorial galega, conxugando o urbano e o rural; o equilibrio entre a contorna construída e o natural; o sistema de circularidade; a investigación e formación; a gobernanza ou a planificación vinculante da política estratéxica e a realidade.
Foto de la tercera plana (20241118-xuventude-crea.jpg) O primeiro premio en moda recaeu no traballo Corpus Christi, presentado por Uxía Loureiro Caamaño, de Ponteareas, que homenaxea á recoñecida festividade do seu municipio cunha colección baseada na arte floral con cores vivas e chamativos estampados e que está dedicada especialmente ás mulleres alfombristas. No segundo lugar destacou con Lilas a viguesa Ana Román Rodríguez, con pezas inspiradas na pintura de Monet e no deseñador Paco Rabanne.

Notas

O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, da Universidade de Vigo está traballando para conseguir empregar as propiedades da física cuántica e lograr aumentar a seguridade das comunicacións. Neste contexto, acaban de conseguir un importante fito: a primeira canle de distribución cuántica de claves de toda Galicia.
A piques de rematar os traballos do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática (2021-2024), o equipo do grupo Histagra da USC atopou importantes achados preliminares na actuación de exhumación no cemiterio de O Val (Narón), que contemplaba a realización dunha gabia na parte dianteira dos nichos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES