Notas de prensa

Preséntase en Sarria (Lugo) a exposición-homenaxe a Manuel Rodríguez López

A Casa da Cultura de Sarria, en Lugo, acolleu a presentación da mostra "Manuel Rodríguez López, emigrante galego-poeta obreiro" que permanece aberta ao público ata o 15 de marzo, cando se desprazará a Portomarín.

O xoves 6 de marzo presentouse na Casa da Cultura de Sarria a
exposición “MANUEL RODRÃGUEZ LOPEZ, emigrante galego-poeta obreiro” que, promovida por Galicia Digital e a familia do escritor, conta co apoio do
Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial
(Vicepresidencia 1ª) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta
de Galicia. E, neste caso, para a súa exposición en Sarria, coa
colaboración do concello sarriano.

A mostra, aberta o pasado 28 de febreiro, pode verse na Casa da Cultura
de Sarria ata o próximo 15 de marzo, pasando a continuación á Casa da
Cultura de Portomarín.

Neste acto de presentación en Sarria participaron o Secretario Xeral de
Política Lingüística, Valentín García; os alcaldes de Paradela (José Manuel
Mato) e Sarria (José Antonio García López), a viuva do escritor (Irene
López) e Antonio Giz, director de Galicia Digital.

NotaA Mostra está formada por 8 paneis dobles nos que se expoñen de xeito moi gráfico anacos da vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto do seu concello natal. Chega esta exposición itinerante a Sarria, capital da comarca á que pertence Paradela, despois de poder contemplarse en Paradela, Lugo (Museo provincial) e Begonte (Casa da Cultura). Inmediatamente despois trasladarase a Portomarín (2ª quincena de marzo), para logo ser exposta en Santiago, e en Cataluña, terra na que o escritor escribíu a maior parte da súa obra.

Xulio Xiz, 2014-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES