400 escolares de Galicia participan do arranque de Radio campUSCulturae
A primeira experiencia de radio universitaria que desenvolve a USC, adio campUSCulturae on line, comezou as súas emisións cunha grella de programación integrada por 10 propostas iniciais a cargo de escolares e coincidindo coa celebración do DÃa Mundial da Radio.
Radio campUSCulturae on Line, a primeira experiencia de radio universitaria estable que se vai desenvolver na Universidade de Santiago, inaugurou, coincidindo coa celebración do DÃa Mundial da Radio, a súas emisións cun programa en directo que se desenvolveu no auditorio da Facultade de Ciencais da Comunicación diante uns 400 escolares pertencentes a 11 centros de ensino que resultaron finalistas do I Certame de Radio Escolar CampUSCulturae.
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, asistiu á estrea das emisións da nova canle de radio universitaria, no transcurso dun acto no que tamén participaron o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Xosé Pereira Fariña, asà como os coordinadores da Radio CampUSCulturae on line, Irene GarcÃa GarcÃa, Xosé a. Neira Cruz e Toni España Faqué.
A nova canle Radio campUSCulturae on line, que é unha iniciativa do proxecto europeo homónimo coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela e que conta con financiamento da Culture Agency da Unión Europea, emitirá a diario unha programación realizada por estudantes, profesores e persoal non docente da USC, asà como por centros de ensino non universitario, colectivos de inmigrantes, asociacións e internos dos centros de penitenciarÃa de A Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña).
Asemade, esta nova canle, que pretende prestar especial atención á diversidade cultural, ás minorÃas lingüÃsticas, á creatividade e, entre outras, ás persoas en risco de exclusión social, incorporará en próximas datas contidos doutras canles radiofónicas universitarias.
A nova radio comeza as súas emisións cunha grella de programación composta por 10 propostas iniciais: Metrópoles delirantes, primeiro programa radiofónico sobre banda deseñada existente en Galicia, presentado pola locutora Nieves RodrÃguez; ¿Claro para todos?, programa sobre lecer universitario; Neurovit, programa sobre música electrónica e ciencia; 94 voces, espazo dedicado á información de actualidade; a axenda cultural Zona O; o programa Voz crÃtica, de reportaxes informativas de actualidade; Generación 9.0, programa sobre a cultura e as tendencias dos 90; Al detalle, programa de monográficos temáticos; o programa infantil Abracadrabra; e Todas as mañás do mundo, espazo de viaxes por linguas, paÃses e culturas.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago (USC), 2014-02-13
Actualidad
A Filmoteca de Galicia inicia a súa programación en febreiro cunha completa retrospectiva sobre o produtor, guionista e director Pere Portabella, protagonista da nova carteleira mensual na que tamén destacan as visitas de cineastas como Mar Coll, Oskar Alegria e Raúl Alaejos. Durante as vindeiras semanas, a cinemateca exhibirá todas as pelÃculas dirixidas polo cineasta catalán, do que no mes de marzo se ofrecerá tamén un amplo percorrido polos seus traballos como produtor. Recentemente distinguido coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, este ciclo preséntase como un anticipo da celebración oficial do Centenario Portabella, que veñen de anunciar o Ministerio de Cultura e a Generalitat de Cataluña para o seu desenvolvemento conxunto nos anos 2026 e 2027.
A ConsellerÃa de Sanidade publica, na súa páxina web, o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á cuarta semana do ano que determina que a intensidade da gripe continúa sendo baixa, mantendo unha tendencia estable. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria rexistrou un leve incremento do 4,4 % respecto da semana previa e fica en 66,5 consultas por 100.000 habitantes. Por grupos de idade, a taxa aumenta unicamente na poboación con idades comprendidas entre os 0 e os 19 anos.
Notas
A Rede Localis, Rede de Administración Local, fixo público o seu sexto informe, que leva por tÃtulo 'A reforma inconclusa das competencias locais', no que se recolle que é fundamental avanzar na reforma da normativa autonómica e estatal. O documento foi presentado nun acto que contou coa participación de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia; Natalia Prieto, directora xeral de Administración Local, e os codirectores da rede, Concepción Campos Acuña e Alberto Vaquero.
A Universidade da Coruña (UDC) organiza, do 3 ao 7 de febreiro, o II Simposio Galaico-Brasileiro, un evento organizado polo Grupo de Estudos Territoriais (GET) da UDC en colaboración co Centro Universitario de Brasilia (CEUB). O simposio reunirá a docentes, persoal investigador e estudantado de ambas as dúas institucións para reflexionar sobre os retos do dereito á cidade en Galicia.