Notas de prensa

Mini e Mero, homenaxeados no día da Galiza Mártir 2012 polo seu labor de investigación, apoio e difusión da recuperación da memoria histórica

A Fundación “Alexandre Bóveda” acordou conceder a Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero) a concesión do VI Premio Día da Galiza Mártir polo seu labor de divulgación da nosa memoria histórica silenciada.

Neles únese a preocupación por investigar e coñecer o acontecido, coa necesidade de socializar estes feitos.

Na súa longa traxectoria no campo da música teñen abordado esta temática
nas súas composicións, tanto ambos os dous como a través da súa
participación en Fuxan os Ventos ou A Quenlla.

Algunhas pezas súas como por exemplo Romance de Cego á Caída de Manuel Ponte, Comandante Moreno, As cunetas son hoxe referencias fundamentais para dar conta do acontecido. Mais quizais o seu traballo máis explícito sobre a recuperación da memoria histórica sexa “Silencios na Memoria”.

Mais a sobre todo, a Fundación “Alexandre Bóveda”, quixo recoñecer a súa
presenza coa súa actuación nas homenaxes a vítimas da represión
franquista.

Son innumerábeis os actos que contaron coa súa intervención, acudindo de
xeito desinteresado a toda clase de actos coas que as asociacións
lembraban vítimas da represión. Homenaxes a Moncho Reboiras, en San Simón, no Congreso da Guerrilla e moitos outros contaron coa súa arte para
dignificalos e apoialos. Se ben, eles mesmos teñen desenvolvido labor
directa de recuperación da nosa historia como é o caso de do traballo
levado a cabo por Mini a respecto das vítimas da represión en Boimorto.
O premio “Día da Galiza Mártir”, que botou a andar o 2006 con motivo da
declaración institucional da Xunta do “Ano da Memoria”, pretende lembrar
aos lembran, homenaxear aos que homenaxean e, en definitiva, recoñecer as persoas e colectivos que contribuíron a que non se esquezan ás vítimas e
aos feitos que tiveron lugar. Recibiron este galardón Mariví Villaverde,
Teresa Alvajar, Dionisio Pereira, as mocidades do 36 (Díaz Pardo, Avelino
Pousa, Fernández del Riego e Xaime Illa Couto), Xusto G. Beramendi, e a
asociación “Sempre con Vós” de Pontevedra na persoa do seu presidente Xosé Ãlvarez. Todos eles, porque investigaron, simplemente sufriron a represión e viviron para contalo, porque difundiron a través das súas actividades ou publicacións, fixeron posíbel que hoxe saibamos máis sobre estes feitos que tratan de acochar conxuntamente coas vítimas que as sufriron.

O acto de recoñecemento e entrega levarase a cabo no xantar do propio día
da Galiza Mártir, o 17 de agosto, en Pontevedra, e todos aqueles que
estean interesados en participar poden facelo poñéndose en contacto coa Fundación Alexandre Bóveda para facer a reserva a través da seguinte
ligazón

Fundación Alexandre Bóveda, 2012-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo-belas-artes-coruna.JPG) A mostra Convidadas: dúas miradas de Zuloaga estará aberta ao público ata o vindeiro 23 de febreiro de 2025 na sala cinco do Museo de Belas Artes da Coruña. As obras seleccionadas son dous retratos do artista Ignacio Zuloaga (1870-1945), pintados ambos en París en 1912, que exemplifican o seu amplo labor como retratista. Son dúas figuras femeninas, o Retrato da señora Mlinowska, a Rusa, e A bailaora Antonia, a galega, que ofrecen dúas visións diferentes da maneira de concibir a imaxe da muller por parte de Zuloaga.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) O expositor da Consellería de Educación foi realizado polo Centro de Innovación Educativa e Dixital. Este stand chamou a atención dos asistentes a feira polo emprego da IA, tecnoloxías innovadoras, unha pantalla holográfica e distintos vídeos divulgativos nos que explican os programas de innovación educativa da Xunta, entre os que destacan o Plan de nova arquitectura pedagóxica, os Polos Creativos ou o Plan MEGA de mellora educativa. Tamén o traballo que se realiza desde o Centro da Innovación da FP Eduardo Barreiros e a potente rede de centros integrados de Formación Profesional.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, desenvolve do 23 ao 29 de novembro de 2024 a sétima edición da Semana da Ciencia. Nesta ocasión, o programa xirará arredor da coñecida como ‘Revolución de Novembro’ de 1974, da cal se cumpre medio século en 2024.
O campus de Vigo reuniu a representantes de entidades locais, concellos, deputacións, Xunta, comunidades de montes e outras iniciativas nunha xornada para visibilizar o traballo social, económico e político que se esta a levar a cabo para impulsar a transición enerxética local. A xornada Comunidades enerxéticas e iniciativas comunitarias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES