O Padroado do Cetal aproba a fusión por absorción da Fundación CT-Lácteo
Aprobouse, ademáis, a entrada de dous novos membros con carácter permanente: o reitor da USC, Juan Casares Long, e José Luis Antuña en representación das industrias agroalimentarias de Galicia.
O Padroado da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo mantivo unha reunión extraordinaria, para aprobar, a proposta da presidenta do padroado, a Ministra de medio Ambiente, Rosa Aguilar, mediante a delegación da presidencia no alcalde de Lugo, José López Orozco, a fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, por parte da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL).
Así mesmo, aprobouse a entrada de dous novos membros no Padroado con carácter permanente: en representación da Universidade Pública de Santiago de Compostela, Juan J. Casares Long, en calidade de Reitor; en representación das Industrias Agroalimentarias da Comunidade Autónoma de Galicia, e como representante do subsector lácteo, José Luís Antuña Álvarez, en calidade de Director Xeral de Feiraco Sociedade Cooperativa Galega; aprobouse, así mesmo, a utilización do balance pechado a 30 de Xuño de 2011 como balance de fusión; aprobouse o Informe sobre a operación de fusión por absorción da Fundación Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia pola Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, redactado conxuntamente por ambas as dúas Fundacións.
Por outra banda, ratificáronse as facultades outorgadas ao Director Xeral da Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, no Padroado de 13 de decembro de 2010, para realizar as actuacións que a continuación se indican en relación á memoria xustificativa e económica, á que se refire o artigo 45 da Lei 50/2002, de 29 de Decembro, de Fundacións.
Na xuntanza de hoxe, estiveron presentes, ademais do director xeral do CETAL, Eduardo Vidal; o alcalde de Lugo, José L. Orozco, quen actuou de Presidente do Padroado por delegación da presidenta do mesmo, a Ministra de Medio Rural, Medio Ambiente e Mariño, Rosa Aguilar; o conselleiro de Medio Rural, e vicepresidente primeiro do Padroado, Samuel Juárez; en representación de produtores e cooperativas agrarias Higinio Mougán; en representación das universidades públicas de Galicia Juan Casares e José Ma. Barja; e en representación das entidades financeiras galegas Luciano Sánchez e Walter Álvarez.
Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-10-26
Actualidad
O Galiverso, proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, estrea unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participaron hoxe na presentación do novo Galiverso no corazón da pedra, que pode visitarse a partir desta tarde na Cidade da Cultura e do que tamén poderá gozar o público que esta fin de semana se achegue a Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá no encontro organizado pola Asociación Galega do Hidróxeno en Oleiros para analizar a Call for Interest do corredor europeo de hidróxeno verde H2Med. Durante a súa intervención, amosou o apoio do Goberno galego ao proxecto H2Med e reclamou a conexión do ramal Guitiriz-Zamora ao Corredor Ibérico do Hidróxeno. Fernández Vila incidiu na importancia de conectar Galicia co resto de España para o transporte de hidróxeno verde cara a Europa, xa que a conexión Guitiriz-Zamora, da cal defende a súa extensión ata A Coruña, quedou inicialmente fóra da primeira listaxe de Proxectos de Interese Común (PCI).
Notas
As enfermidades autoinmunes afectan na actualidade entre o 3 e o 5% da poboación mundial e están aumentando de maneira drástica, probablemente como resultado de cambios na nosa exposición a factores ambientais. Padecer unha enfermidade autoinmune implica que o noso sistema inmunolóxico ataca por erro, cando se atopa co noso propio ARN, as células sas dos nosos órganos e tecidos.
O Belén, declarado de Interese Turístico de Galicia, é artesanal e electrónico, e atrae cada ano a arredor de 40.000 visitantes. Poderá contemplarse do 30 de novembro ao 1 de febreiro; entre Nadal e Reis estará aberto todos os días, de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas, e nas restantes semanas abrirá sábados, domingos e festivos, aínda que se poden concertar visitas de grupo noutras xornadas. Como principal novidade, este ano empeza a incorporar figuras procedentes do Belén que instalaba no antigo Hospital Xeral o sacerdote Edelmiro Ulloa.