Avelino González e LucÃa Regueira imparten os cursos de comedia da arte e de interpretación
Avelino González, coñecido pola súa personaxe de “Miñato” na serie “Padre Casares”, e LucÃa Regueira, habitual das montaxes de Teatro do Atlántico, impartirán os cursos de Comedia da Arte e Interpretación no Museo Provincial de Lugo e en Burela no mes de setembro.

O vindeiro mes de setembro terán lugar dous novos cursos do proxecto teatral Buxiganga, posto en marcha pola Ãrea de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. En Burela, LucÃa Regueiro impartirá o curso de Interpretación, e terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura desta localidade no horario de 10.00 a 15.00 horas os sábados dese mes. Os cursos de Buxiganga están a ter moi boa acollida polas persoas vinculadas ao teatro da Mariña, a xulgar pola alta participación nos mesmos. Hai que destacar que LucÃa Regueiro é unha actriz de gran prestixio dentro do audiovisual galego, ademais de participar habitualmente nas montaxes de Teatro do Atlántico, unha compañÃa histórica dentro do circuÃto galego.
Por outra parte, o curso de Comedia da Arte terá lugar tamén no mes de setembro, pero no Museo Provincial de Lugo, en horario de 9.00 horas a 14.00 horas os sábados de dito mes. A comedia do arte é unha ferramenta imprescindible para o actor, imprescindible no teatro contemporáneo. Aqueles que se queiran introducir nesta disciplina contarán cun dos maiores especialistas nacionais a súa disposición dentro das accións formativas Buxiganga: Avelino González, máis coñecido polo seu papel de “Miñato” na serie “Padre Casares”.
Ambos os dous cursos teñen un custe de 10 euros para os actores que participan no circuÃto Buxiganga e de 20 euros para os restantes. AÃnda quedan prazas libres para poder participar nos cursos, polo que aquelas persoas interesadas poden chamar ao 982260141 en horario de oficina para inscribirse.
Web: http://www.avelinogonzalez.com/
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2011-08-11
Actualidad

O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruÃdo, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer polÃtica 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.
Notas
O vindeiro luns, dÃa 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañÃas de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafÃo de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de EnxeñarÃa Mecánica do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que poderÃa transformar o deseño das redes de arrastre.