Notas de prensa

Preséntase o proxecto GV, do deseñador Gonzalo Vázquez

Ofrece unha arriscada proposta de vestiario e co que se consolida no actual paradigma da moda galega como un novo valor emerxente e emprendedor.

Preséntase GV, o proxecto artístico do deseñador Gonzalo Vázquez a través do cal presenta unha arriscada proposta de vestiario e co que se consolida no actual paradigma da moda galega como un novo valor emerxente e emprendedor.

Estas arriscadas propostas para home e muller serán presentadas de maneira oficial coa apertura dun novo atelier de moda, o 11 de Febrero nun dos espazos culturais máis emblemáticos de Galicia, a Casa das Crechas en Santiago de Compostela. Este evento de presentación que lanzará GV ao público xeral contará con relevantes axentes artísticos e empresariais que se darán cita nun acto que contará coa actuación de Ugia Pedreira, reconocida cantante, escritora e compositora que ofrecerá un exclusivo recital con temas inéditos do seu repertorio.

GV é música e teatro. Xermolado no eido das artes escénicas e avalado polas figuras máis destacadas do panorama artístico galego, o traballo deste creador multidisciplinar xa foi protagonista destacado nos momentos máis importantes da cultura galega deseñando e creando o atrezo e vestiario das producións máis relevantes dos últimos tempos. Uxía Senlle, Nordestin@s, Guadi Galego, Marful,,… són só algúns dos nomes máis coñecidos desta nova xeración musical e teatral que está vivindo Galicia na actualidade, grazas a coidados traballos que mostran novas formas de entender a arte baseadas naexperimentación, a modernidade e os novos sons fusionados cós estándares máis tradicionais.

“Arte, moda e vanguarda é a síntese coa que se define este proxecto. GV non é unha marca, é unha forma de mirar. A confección do vestiario GV convida ao público xeral a participar nun proceso creativo e artesanal que vai desde a elección do deseño até as probas finais”, explica o artista Gonzalo Vázquez.

Sobre Gonzalo Vázquez

Gonzalo Vázquez (Vilaboa, Pontevedra, 1983) é a mente creadora do proxecto GV, unha proposta artística e de vestiario que ten a súa orixe nas artes escénicas e que agora se presenta para todos os públicos no atelier de moda que presentará este mes de febreiro. Formado en Filoloxía Galega (UVigo) e en Literatura Comparada (USC), e ampliando coñecementos na Accademia Albertina delle Belle Arti de Turín sobre literatura, performance e artes visuais, este novo talento ven de presentar as súas creacións, tanto en mostras individuais como colectivas, en Galicia, Italia e Barcelona. Obras que representan afusión da moda e a arte coa literatura, disciplinas sempre presentes na vida do artista. É por iso que GV foi seleccionado como un dos Novos Valores 2010polo Museo de Pontevedra coa peza “Desexo Intransitivo”.

Xurxo Ponce (GV Comunicación), 2011-02-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (comercio-2.jpg) O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
Foto de la tercera plana (rueda-20250415.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruído, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer política 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.

Notas

O vindeiro luns, día 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañías de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafío de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que podería transformar o deseño das redes de arrastre.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES