Notas de prensa

Presentouse a primeira edición das obras completas de poesía de Manuel Rodríguez López

Antón Bao explicou que “a publicación do libro, grazas ao impulso do concello de Paradela e a colaboración da Área de Cultura, permitirá fixar a súa obra, para o coñecemento das xeracións presentes e futuras, dentro do noso sistema literario galego”.

Foi presentado no salón de actos da Deputación de Lugo o libro “Manuel Rodríguez López. Poesía completa”, coa presenza de Antón Bao, vicepresidente da Deputación, José Manuel Mato, alcalde de Paradela, Darío Xohán Cabana, coordinador do libro, e Xulio Xiz, colaborador, ademais da familia de Manuel Rodríguez López: Irene López e Santiago Rodríguez, viúva e fillo do poeta, e Carlos Rodríguez, neto, que interpretou dúas pezas co violín no acto desta mañá en homenaxe ao poeta de Paradela.

A obra “Manuel Rodríguez López. Poesía Completa”, que conta cun limiar de Darío Xohán Cabana, constitúe a primeira edición das obras completas do poeta. Na súa intervención, Antón Bao manifestou a satisfacción da Área de Cultura da Deputación por “presentar esta publicación dun autor lucense, xa que así estamos contribuíndo a que o seu traballo se visualice, a que a súa labor acabe repercutindo en beneficio da sociedade e da identidade dos lucenses”. Bao considerou que, aínda que todos os poetas son necesarios, “algúns como Manuel Rodríguez López son imprescindibles, e a publicación da súa poesía completa, grazas ao impulso do concello de Paradela e da colaboración da Área de Cultura, permitirá fixar a súa obra, para o coñecemento das xeracións presentes e futuras, dentro do noso sistema literario galego”.

O vicepresidente da Deputación, que nos seus primeiros anos como estudante de Filoloxía en Lugo, coincidiu con Manuel Rodríguez López na pensión que rexentaban os seus sogros, pais de Irene López, explicou que “as conversas con Manuel Rodríguez, nas que me falaba deste país, da súa lingua e da súa cultura, e me remitía aos clásicos gregos e latinos para que comprendera as relacións entre a nosa cultura propia e as culturas universais, marcaron a miña formación e desenvolvemento de xeito definitivo, polo que me sinto moi agradecido por poder contribuír a que esta obra competa vexa a luz”. Deu os parabéns á familia e colaboradores coa obra por “seguir traballando por este poeta, manter viva a súa memoria e facer que esta obra chegue ás nosas mans e ás das xeracións vindeiras”.

Manuel Rodríguez López (Paradela, 1934 – Lugo, 1990) demostrou ao longo da súa vida unha gran preocupación pola cultura galega e polo seu país.Obtivo numerosos premios literarias, entre os que destacan os primeiros premios de poesía Meigas e Trasgos de Sarria nos anos 1976 e 1980, o Premio Xosé Mª Chao Ledo no III Certame Literario de Vilalba, en 1977, o primeiro premio do Certame Literario de Begonte en 1985, e o primeiro premio Nós de Barcelona en 1980, entre outros. Manuel Rodríguez López foi colaborador en medios de comunicación de Galiza, Cataluña e Arxentina. Foi nomeado a título póstumo Fillo Predilecto de Paradela. A casa da cultura de Paradela leva o seu nome, así como o centro cultural do mesmo concello onde naceu.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2010-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) O Nodo CIBER.gal anunciou a posta en marcha dun ciclo de actividades de sensibilización e capacitación dirixidas ao tecido empresarial de Galicia, que é o resultado da implicación de máis de 30 entidades vinculadas a esta estrutura de colaboración público-privada promovida polas Xunta de Galicia. O ciclo, que desenvolverá unhas 20 actividades ata xuño deste ano, foi deseñado polo grupo de traballo de Empresas do Nodo co obxectivo de consolidar a Galicia como un referente en ciberseguridade e garantir unha contorna dixital segura. As actividades centraranse en sensibilizar e capacitar ás empresas de Galicia en prácticas e coñecementos sobre a materia.
Foto de la tercera plana (medio-ambiente.jpg) O proxecto Green Gap conta cun orzamento de máis de 2,1 millóns de euros, financiado no marco do Programa Interreg España-Portugal (Poctep 2021-2027), e nel participan, ademais do Instituto de Estudos do Territorio, un conxunto de entidades locais, administracións supramunicipais con competencias nesta materia e entidades universitarias da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Pola parte galega están implicadas a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra, a Deputación de Ourense e a Fundación CEER, mentres que do lado portugués están a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.

Notas

Entre os días 2 e 11 de abril, regresa o Festival de Teatro Universitario á cidade de Lugo, na que será a súa trixésimo primeira edición. Abrirá o festival a compañía de teatro USC-Lugo, dirixida por An González, coa peza Voilá, o 2 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Gustavo Freire. A entrada a todas as funcións desta actividade, incluída dentro da programación da Primavera Cultural da USC, será de balde.
Unha primavera máis volve a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu). Pero nesta ocasión faino dun xeito especial, para celebrar a súa 30 edición, tres décadas apostando polo teatro universitario. Este ano a súa programación desenvolverase do 23 de abril ao 10 de maio e nela a Universidade de Vigo volverá a ter un papel destacado, non só como unha das entidades que financia senón tamén coa participación no certame das súas catro aulas de teatro universitario e dos grupos de danza, música tradicional e coro do campus de Ourense.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES