Notas de prensa

Feijóo destaca O libro da Vaca como un tesouro lingüístico

O titular da Xunta afirma que “debe haber poucos países no mundo que posúan unha monografía na que se detalle con tanto rigor e tan por extenso a importancia dun só animal na súa historia, e, ao mesmo tempo, sexa tan esclarecedora da cultura e dos modos de expresión que leva implícitos”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a obra O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún como “un tesouro lingüístico, unha referencia no ámbito da etnolingüística” e un exemplo de que “para saír adiante fan falla novas ideas e novos bríos, pero mantendo, recuperando e renovando o que nos fixo chegar ata aquí”.

Ao longo do acto de presentación, Feijóo afirmou que a importancia e transcendencia deste libro para os galegos vai moito máis alá do que anuncia o seu título e o seu subtítulo. “Estamos –dixo- ante un libro que transcende os límites propiamente etnolingüísticos para converterse no relato da historia substantiva de todo un pobo. Con toda seguridade, debe haber poucos países no mundo que posúan unha monografía na que se detalle con tanto rigor e tan por extenso a importancia dun só animal na súa historia, e, ao mesmo tempo, sexa tan esclarecedora da cultura e dos modos de expresión que leva implícitos”.

O titular do Goberno galego resaltou, deste xeito, que “a lingua galega emerxe nesta obra con todo o seu esplendor, como idioma capaz de expresar a totalidade do universo físico e espiritual que lle é propio”. “Causa asombro ver como, dentro dun só campo léxico, neste caso concreto o do gando vacún, se poidan compilar 12.000 entradas léxicas, 5.000 fraseolóxicas e máis de 1.300 elementos da tradición oral”, engadiu.

Tan prolixo traballo débese, segundo incidiu, á perseveranza dos seus autores, “que durante vinte anos dedicaron miles e miles de horas das súas vidas ata pechar este tesouro lingüístico”.

Feijóo avoga por que “o exemplo que nos deron Xesús Ferro Ruibal e Pedro Benavente Jareño no longo proceso de construción desta obra prevaleza nestes días tan repletos de crises que van desde as materiais ata as identitarias”.

Así mesmo, o responsable autonómico salientou que detrás da publicación está tamén o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, cuxo traballo ten como obxectivo primordial a promoción e difusión de proxectos e de programas galegos de estudos lingüísticos, históricos, antropolóxicos e tamén literarios e que sitúa a Galicia na vangarda da investigación en humanidades.

Por último, Feijóo concluíu afirmando que é unha satisfacción ver como o entorno rural non é un vestixio do pasado, “senón que tamén é desenvolvemento, tamén é modernidade e tamén é cultura”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2010-12-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Transfiere é un dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional. Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas y sinerxías globais. Neste marco, a Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia. A Xunta de Galicia promove a participación de máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i neste foro europeo, que se celebra no Palacio de Feiras e Congresos de Málaga, onde están a explorar novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos.
Foto de la tercera plana (entroido-galego-bic.jpg) O DOG publica a declaración do Entroido galego como BIC, feito co que conclúe o proceso deste recoñecemento co que se acredita o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, e que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural. O decreto salienta a multitude de funcións sociocomunitarias e culturais que cumpre o Entroido. Neste senso, pon en valor o seu papel para 'reafirmar os lazos de identidade colectiva dun lugar, aldea, parroquia ou concello, a través da manifestación dun espírito lúdico e trouleiro' e, desta forma, favorecer nunha comunidade 'a sociabilidade, a integración e inclusión social e unha rica convivencia interxeracional'.

Notas

‘'desenvolvemento urbano' é o título do relatorio co que Nerea M. Otero Vale abre as Xornadas de Nova Investigación que o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) desenvolve ao longo dos meses de marzo, abril e maio na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC. Esta primeira sesión, explican dende o IDEGA, promete ser unha excelente oportunidade para coñecer de primeira man a investigación en curso sobre rehabilitación urbana.
As praias agochan moito máis que area entre as súas ondas. Co obxectivo de comprender mellor os procesos costeiros e os efectos do cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo) impulsa Iberarenum, un innovador proxecto de ciencia cidadá que invita a persoas de todas as idades a participar na creación do primeiro banco nacional de area de praia da península ibérica.
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES