Notas de prensa

O libro O Clamor da rebeldía, de Pilar García Negro, conmemora o 125 aniversario de Rosalía

Dentro dos actos que conmemoran o 125 aniversario de Rosalía, tamén se realizou un recital-concerto, Ao raso coas lebres, e continúa ata o día 31 a mostra Rosalía, Sempre Viva. Viva Rosalía!, no Museo de Lugo.

Presentouse no Museo de Lugo o libro “O Clamor da Rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo”, que gañou o premio Vicente Risco de María Pilar García Negro, coa presenza de Antón Bao, vicepresidente da Deputación, Aurelia Balseiro, directora do Museo, e a propia autora da obra. A presentación enmárcase nunha serie de actos que se programaron para conmemorar o 125 aniversario da escritora. Dende a fundación Manuel María de Estudos Galegos e coa colaboración da Ãrea de Cultura da Deputación, chegou a Lugo a mostra itinerante “Rosalía, Sempre Viva. Viva Rosalía!” a pasada semana, e en conmemoración do aniversario da primeira feminista galega tamén se interpretou un recital-concerto, titulado “Ao raso coas lebres”, o pasado xoves 21.

Rosalía de Castro foi a escritora que inaugurou o ensaio como xénero literario na literatura galega contemporánea. Así o certifican as súas introducións a “Cantares gallegos” (1863) e a “Follas novas” (1880), que son moito máis do que prólogos ao uso. Esta innovación reforza o carácter profundamente intelectual e premeditado dunha obra literaria que se pensa e se explica a si mesma, e que a autora coloca ao servizo da patria galega e da lingua galega. Xogou un papel pioneiro no espertar dunha conciencia de xénero que se revela, lúcida e recorrente, na reflexión profunda e avanzada sobre o ser muller, a apoloxía das súas conxéneres e a solidariedade coas duplas vítimas do sistema, por mulleres e por galegas. É, sen dúbida, a primeira feminista da nación galega. Tanto a súa personalidade como a súa obra son elocuentes dunha sintonía que eleva a lingua abaixada do seu pobo, en alianza coa defensa das mulleres e da nación mesma. Expresará como ningún outro autor do seu tempo a apoteose da subordinación e, asemade, o clamor da rebeldía.

María Pilar García Negro (Lugo, 9 de outubro de 1953) é profesora da Universidade da Coruña e escritora. Doutora en Filoloxía Románica, colabora habitualmente na prensa e en revistas especializadas. Participou en congresos sobre sociolingüística, linguas minoritarias e non normalizadas, feminismo e literatura. Publicou numerosos estudos sobre autores e autoras galegos coma Rosalía de Castro, Castelao, Villar Ponte, Blanco Amor. Foi Deputada no parlamento galego polo BNG entre 1989 e 2003. Entre as súas obras, destacan “33 aproximacións á literatura e á língua galega” (1984, 1990), en colaboración con Xosé Mª Dobarro; “O galego e as leis. Aproximación sociolingüística” (1991), Sempre en galego (1993, 1999), “O ensino da língua: Por un cámbio de rumo” (1995), en colaboración con Xoán Costa Casas; e “Arredor de Castelao” (2001), entre outras.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo, 2010-10-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (tamega-uvigo.jpg) Desde o ano 2019, membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo estudan o xacemento arqueolóxico de Ceada das Chás/Castelo de Lobarzán, nos concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei. Os traballos realizados para coñecer o seu pasado prehistórico deron un avance significativo coa intervención arqueolóxica levada a cabo este ano, onde se localizou unha estrutura que agora vense de corfimar que data de mediados do IV milenio aC, de hai arredor de 5500 anos. A última campaña, financiada a través das axudas GDR Agader e promovida polos concellos ourensáns de Monterrei e Oímbra, centrouse en áreas clave como a plataforma da aba norte do Monte Castelo.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura presentou o resultado das últimas Residencias Artísticas do Gaiás de 2024, correspondentes aos catro proxectos beneficiarios da liña de axudas promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Catro iniciativas contemporáneas que abordan temáticas como a situación do acceso á vivenda, as representacións do colectivo LGBTI+ no rural galego e na cultura portuguesa, a aplicación de técnicas de alta costura á creación de esculturas téxtiles e a creación de música a partir de cartas náuticas.

Notas

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC organiza, en colaboración coa Facultade de Óptica e Optometría, un obradoiro de prismáticos e telescopios para examinar o ceo nocturno que se desenvolverá o xoves 28 de novembro, e o luns 2 e o martes 3 de decembro en horario de 19.30 a 21.00 horas. A primeira das xornadas desenvolverase na Aula Magna da Facultade de Óptica e Optometría.
O Campus Industrial de Ferrol acollerá en 2025, concretamente, o 29 de marzo, a gran final da FIRST LEGO League España (FLL España), un evento organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña en colaboración con Ingeniera Soy baixo o patrocinio da Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES