O escritor melidense Xosé GarcÃa gaña o Meiga Moira de Literatura Infantil
O escritor e xornalista afincado en Melide, Xosé GarcÃa RodrÃguez, vén de facerse co primeiro Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira, convocado por BaÃa Edicións.
A obra galardoada foi O lume dos soños –presentada baixo o lema de Ãlvaro Edén-, e será publicada en breve. Ademais, tamén se fixo merecente dos 2.500 euros con que estaba dotado o concurso. O xurado emitiu o seu fallo o pasado 27 de setembro, e estivo integrado polo profesor de Literatura Galega na Universidade da Coruña, Carlos Paulo MartÃnez Pereiro, a profesora de galego no ensino medio Dores Fernández López, e os escritores Cristina Sáez Cázallas e Xavier Barreiro Liz, que actuaron de vocais; MarÃa Belén López Vázquez representou a BaÃa Edicións e fixo de secretaria. O libro gañador editarase baixo o pseudónimo de Cibrán Ulloa, nome que pretende ser unha homenaxe á terra de Palas de Rei, na provincia de Lugo, onde o autor ten afundidas as súas raÃces. Xosé GarcÃa xa publicara hai catro anos o poemario Presencia da Fenda, que obtivera o Premio de PoesÃa Letras de Cal e foi publicado pola editorial homónima. Para Xosé GarcÃa este premio agacha moitos anos de traballo dedicados á literatura e supón unha recompensa que me animará a seguir queimando horas e neuronas nun labor que non sempre acada o recoñecemento que a un lle gustarÃa que tivese. Nesta ocasión, afortunadamente, os fados puxéronse da miña parte. O escritor melidense engadiu, con respecto á obra gañadora, que pretende ser unha reivindicación do dereito a soñar con outras realidades ou, cando menos, cun mundo mellor ca este no que nos tocou vivir e no que a imaxinación e a fantasÃa corren o risco de converterse nunha simple mercadorÃa en troques de seguiren como as ferramentas de liberdade que son. En canto a BaÃa Edicións, fixo público un comunicado no que afirmou que, con este premio desexa potenciar a colección Meiga Moira e que esta sexa unha contribución singular, dentro do panorama editorial galego, para a aparición de obras de todos os xéneros encamiñadas a dotar de mundos literarios propios e de incentivos creativos que posibiliten que o noso idioma cree pouso tamén entre os galegos e galegas máis novos.
Polo demais, Xosé GarcÃa é xornalista e iniciou a súa carreira profesional en La Voz de Galicia. Actualmente é o responsábel de prensa do Sindicato Labrego Galego, dirixe o periódico Fouce, e colabora co semanario A Nosa Terra.
BaÃa Edicións, 2004-09-29
Actualidad

O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, protagonizou hoxe un acto institucional para facer balance do seu primeiro ano de lexislatura, xusto cando van doce meses da súa investidura tralos comicios autonómicos de 2024. No encontro, celebrado baixo o lema Estilo Galicia e acompañado do seu Executivo, Rueda subliñou que a súa forma de gobernar está marcada 'polo compromiso co traballo ben feito, a escoita activa e a estabilidade institucional'.'Galicia avanza con paso firme, sen ruÃdo, sen confrontacións e sen mirar a corto prazo', asegurou o xefe do Goberno autonómico, quen reivindicou a importancia de facer polÃtica 'desde o sentidiño, a esixencia e a vocación de servizo'.
Notas
O vindeiro luns, dÃa 21 de abril, arrinca a Mostra de Teatro Universitario de Galicia, que dende hai un cuarto de século organiza a Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Nesta ocasión subirán aos escenarios do Salón Teatro e da Sala Roberto Vidal Bolaño seis compañÃas de Santiago e Lugo e unha do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
O sector pesqueiro enfronta o desafÃo de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de EnxeñarÃa Mecánica do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que poderÃa transformar o deseño das redes de arrastre.