A ConsellerÃa de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, apoiará a presenza dos autores e as editoriais da banda deseñada galega no Salón Internacional do Cómic de Barcelona (FICOMIC), mediante a instalación de dous stands promocionais coas súas últimas creacións. Nesta XVIII edición, entre o 6 e o 9 de maio, a participación galega terá un marcado acento Xacobeo a través da exposición Un Camiño de Viñetas, promovida pola Xunta de Galicia, na que destacados autores da banda deseñada da Comunidade achegan a súa particular visión do Camiño de Santiago. O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, viaxará a Barcelona para participar na xornada inaugural o xoves dÃa 6.
As ilustracións que forman parte desta mostra son obra de Carlos Arrojo, Diego Blanco/Kike Benloch, Cosme, Manel Cráneo, José Domingo, Jacobo Fernández Serrano, Alberto Guitián, Jano/Rodrigo Costa, Miguel Robledo, BraÃs RodrÃguez, MartÃn Romero, David RubÃn, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Asemade, o sector da banda deseñada agradecerá a valiosa e desinteresada axuda do comisario desta mostra, Benito Losada, que fixo posible a realización de Un Camiño de Viñetas.
No Salón do Cómic de Barcelona tamén se exporá o cartel ilustrativo creado por Emma RÃos para a mostra Un Camiño de Viñetas. Esta guionista e debuxante pontevedresa colaborou, entre outros, cos fanzines El Bolchevique vespentino, Esto es la guerra, Mensajes en unha botella y Comikaze. Entre os seus galardóns destaca o primeiro premio no concurso de Arteixo en 1999 co cómic Como el cielo en invierno, o terceiro premio do Certame da Banda Deseñada da Xunta de Galicia (2004) formando equipo con David RubÃn, e o premio ao mellor autor revelación en Expocomic Madrid 2008, por Los Reyes Elfos: Historias de Faerie 2 e Barsowia.
Programa de actividades
Durante os catro dÃas da feira, a actividade nos stands galegos permitirá dar a coñecer as últimas novidades da banda deseñada da nosa Comunidade. Na xornada do venres 7 de maio, os stands de Galicia acollerán dúas sesións de firmas a cargo de Diego Blanco e Mariano Casas. Xa pola tarde, terán lugar as presentacións das revistas BD Banda e Retranca, de Kiko da Silva e do álbum De Sangre e ron mi Cuba, de Fran JAraba, asà como as sinaturas de Rodrigo Cota/Jano e Kiko da Silva. O sábado 8, Brais RodrÃguez, Victor Rivas, José Domingo e Kiko da Silva tamén participarán nunha sesión de sinatura de exemplares e o domingo 9, ao mediodÃa, o fará David RubÃn.
As publicacións galegas que se exporán neste Salón do Cómic de Barcelona van da man das editoras Difusora, FactorÃa K, Lea/Embora, o Patito Editorial, Retranca Editora, Toxosoutos, Xerais, Do Cumio, Urco Editora e Demo Editorial, e dos colelctivos autoeditores e afeccionados BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, Fuck Cómics, Mariano Casas, Polaqia e Sinónimos de Lucro. Na actualidade hai mais de medio centenar de autores de banda deseñada galegos, que ademais de en galego tamén publican e castelán, inglés, francés, italiano e checo.
Apoio á banda deseñada
A ConsellerÃa de Cultura e Turismo, ao longo deste ano 2010, destinará 600.000 euros en apoio a banda deseñada galega a través da presenza en feiras nacionais e internacionais, becas, adquisición de obras e promoción deste xénero. Por unha banda, traballarase na polÃtica de adquisicións de cómic para as bibliotecas e asà crear hábitos de lectura de banda deseñada tanto na poboación infantil e xuvenil como na adulta. Dentro de este proceso de adquisición de fondos primarase neste ano a adquisición de revistas, álbums e publicacións galegas para o que se pretende destinar como mÃnimo de 100.000 euros. Asemade, crearase un portal destinado ao cómic galego dentro da Biblioteca Dixital da Biblioteca de Galicia.
Doutra banda, a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura aprobou unha orde de axudas que apoiará a creación de proxectos de banda deseñada galega, cun presuposto total de 30.000 euros e cun lÃmite máximo de 6.000 euros por beneficiario. Esta liña de axudas pretende fomentar a creación de proxectos creativos que na actualidade o mercado non consegue promover, respondendo asà á crecente importancia da banda deseñada no panorama cultural galego e dada a inexistencia dun tecido editorial o suficientemente grande para soster os custos de produción das historias narradas dentro deste medio de expresión.