Anxo Lorenzo anima ós xóvenes a ler en galego na entrega dos Premios Frei MartÃn Sarmiento 2010
A entrega dos premios efectuouse no marco da Festa da Lingua promovida por Ferega co obxectivo de promocionar o uso do galego no ámbito do ensino e na que participan centos de estudantes de diversos centros educativos.
O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Anxo Lorenzo, animou os máis novos a seguir lendo en lingua galega durante a entrega dos premios Frei MartÃn Sarmiento, que tivo lugar no recinto feiral de Silleda no marco da Festa da Lingua.
Estes galardóns, que resolven os alumnos e alumnas votando os seus libros preferidos, recaeron este ano en Manuel UhÃa, vencedor na primeira categorÃa de primaria pola obra O autobús da selva, e mais en MarÃa Reimóndez, que se fixo co premio na segunda categorÃa co traballo LÃa e as zapatillas de deporte.
A Festa da Lingua, unha iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), reuniu na presente edición preto de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes a esta federación.
Ademais da entrega de premios, durante a mañá tamén tiveron lugar faladoiros dos rapaces e rapazas cos autores e xa pola tarde realizáronse diversas actividades lúdicas, como contacontos, a posta en escena de obras de teatro e un concerto, entre outras.
A Festa da Lingua continuará o próximo dÃa 23 de abril, cando terá lugar a entrega dos Premios Frei MartÃn Sarmiento na terceira e cuarta categorÃas de educación secundaria e mais dos premios de curtametraxes Rec-curta.
A colaboración de Ferega e PolÃtica LingüÃstica para promover o uso do galego
Durante o pasado ano, Ferega desenvolveu un amplo programa de actuacións destinadas a impulsar o uso do galego na súa actividade no marco do convenio de colaboración coa SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica. Neste sentido, distribuÃronse modelos de documentación e manuais de galego para o persoal de administración dos centros e difundiron material para as principais festas do ano litúrxico, o servizo Remol e RemuÃño, libros de oracións infantÃs e folletos coas respostas da misa en galego.
En canto ás actuacións dirixidas á docencia, celebraron cinco cursos de reciclaxe en lingua e técnicas para a narración oral, ademais doutras xornadas e actuacións informativas destinadas a favorecer a normalización deste colectivo. Para o alumnado, tamén organizaron en 2009 unha nova edición da Festa da Lingua, ademais dos Encontros de Regueifas e Hip Hop en galego, entre outras actividades.
Gabinete de Comunicación da ConsellerÃa de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-04-16
Actualidad
Os museos xestionados pola Xunta de Galicia recibiron durante o 2024 un total de 576.866 visitantes, o que supón un 23% máis que no ano anterior, cando o balance do exercicio sumou 468.612 visitas en 13 equipamentos. O incremento de afluencia máis destacado do ano rexistrouno a Cidade da Cultura coa participación de 242.222 persoas nas exposicións e actividades do Museo Gaiás que en 2023 contabilizara 113.000. Neste senso, destacaron as mostras Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, á que acudiron 39.798 persoas entre marzo e agosto, e Unha vida viquinga, con 60.123 desde xullo ata este 5 de xaneiro de 2025. Tamén o Museo das Peregrinacións e de Santiago aumentou as súas cifras con 60.986 asistentes, 12.000 máis que o ano pasado, cunha programación na que a gran protagonista foi Verba Volant Picta Manent.
Galicia presentará a súa proposta de promoción anual como destino turÃstico a partir do vindeiro 22 de xaneiro en Madrid na Feira Internacional de Turismo, Fitur, cunha aposta por consolidarse como un destino acolledor, auténtico e con proxección internacional. Farao cunha proposta programática na que as xentes, o clima, a natureza, a calidade e os recursos culturais adquiren un protagonismo especial na procura de atender a un turista que busca, cada vez máis, experiencias vitais enriquecedoras. Un espazo que recibirá aos visitantes co lema ‘Xa estás en Galicia!Â’ daralles a benvida a unha comunidade onde a calidade, a biodiversidade e a sostibilidade serán os eixos dun percorrido polo patrimonio material e inmaterial do destino galego.
Notas
Os Premios Egeria levan dende 2014 apoiando a inclusión da perspectiva de xénero e/ou feminista nos traballos fin de grao, fin de mestrado e teses de doutoramento na Universidade de Vigo. A última edición, correspondente ao curso 2023/2024, recoñeceu os traballos de oito mozas investigadoras, entre elas Andrea Mouriño, Laura Otero e Xoana Abraira, que obtiveron as mellores puntuacións en cada unha das tres categorÃas, e que debullan no Duvi os seus traballos e as súas sensacións tras saberse gañadoras.
Un equipo de investigadores do Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) acaba de facerse co terceiro posto na competición internacional IEEE FLAME Technical Challenge 2024. Este certame, promovido e organizado pola prestixiosa sociedade cientÃfica IEEE Computational Intelligence Society, busca ideas innovadoras que exploren novas estratexias para combinar modelos de linguaxe de gran tamaño (como os utilizados en ferramentas de IA xerativa ou LLMs, polas súas siglas en inglés) con técnicas avanzadas de intelixencia computacional.