Notas de prensa

O Goberno recoñece que os contratos lácteos non superan o 20% da producción

En resposta a unha pregunta plantexada polo BNG no Congreso, o Goberno central recoñeceu que os contratos homologados no sector lácteo acadan pouco máis do 20% da producción. O BNG critica que non se garantisen uns prezos dignos aos gandeiros.

En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, o secretario de Estado de Medio Rural, Josep Puxeu, recoñeceu que os contratos homologados no sector lácteo apenas cobren o 20% da produción láctea no Estado español.

O representante do Ministerio de Medio Rural comparecía esta tarde en Comisión no Congreso dos Deputados para responder a unha pregunta da deputada do BNG sobre a valoración dos resultados dos acordos de xullo de 2009 entre Goberno, industria láctea e organizacións agrarias. Na súa exposición, Davila criticou que os resultados son máis ben escasos tanto no número de contratos homologados asinados como na evolucións dos prezos do leite. Así, subliñou que “no caso de Galiza o número de contratos asinados é de pouco máis de 1.000 sobre un total de 12.000 explotacións, e todos pola mesma industria láctea”. E no caso dos prezos considerou que “tampouco foi moi positiva e evolución xa que se en xullo de 2009 o prezo anda sobre os 0,27 euros por litro, agora a media do Estado está en 0,31 € pero en Galiza segue nos 0,26/0,27€ por litro, uns prezos que non lles cobren aos gandeiros e gandeiras os custos de produción”.

Ademais, a deputada do BNG criticou que “pouco sabemos se o Goberno cumpriu os acordos parlamentarios, acadados mesmo co apio do PSOE, para que o Goberno adopte medidas na Unión Europea para evitar a especulación nos mercados lácteos; para garantir unhas rendas dignas aos produtores, para controlar os intercambios no seo da UE ou para seguir a evolución do mercado”.

Inminente saída do Decreto que regula a etiqueta de trazabilidade

Na súa resposta o representante do Goberno asegurou que a UE destinou este ano 800 millóns de euros de apoio ao sector lácteo, mentres que no Estado español a cifra elevouse a uns 320 millóns de euros. Respecto aos prezos Josep Puxeu asegurou que se incrementaron nun 13% respecto a xullo de 2009, aínda que sen informar do caso concreto de Galiza.

No tocante aos contratos homologados, limitouse a informar de que cobren arredor do 20% da produción láctea do Estado español, pero sen concretar e asegurou que o os prezos destes contratos serven de referencia para o 80% restante. Porén, non respondeu ás preguntas da deputada do BNG sobre se marcan os prezos á baixa e porqué non se asinan máis.

Por último, o secretario de Estado de Medio Rural anunciou que en breve publicarase o Decreto de Etiquetado Facultativo da Leite e Produtos Lácteos coa letra Q de trazabilidade, unha norma que actualmente se atopa en fase de consultas no Consello de Estado.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2010-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES