Notas de prensa

O BNG apoia ao PP para evitar a suba do IVE

O deputado nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera, di que o BNG non está de acordo coas políticas fiscais do Grupo Popular pero cre que a suba do IVE é inxusta e contraproducente para a recuperación económica porque grava o consumo nun contexto de deflación.

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, anunciou o voto a favor do BNG na moción do Grupo do Partido Popular para que o Goberno anule a suba do IVE prevista para o mes de xullo e que se debateu esta tarde no Pleno da Cámara Baixa.

Jorquera empezou subliñando que “o BNG non está de acordo coas políticas fiscais do Partido Popular nin nas formas nin no fondo”. “Nas formas –precisou- porque cremos inaudito que un partido que moitas veces intenta dar leccións de responsabilidade e sentido do Estado faga manifestación a prol da rebelión fiscal”.

E en canto ás cuestións de fondo coas que discrepa o BNG denunciou que “o Grupo Propoñente da moción está instalado na demagoxia en materia fiscal, que o leva a pedir todo tipo de rebaixas impositivas, mentres ao mesmo tempo fai apelacións a volver ao dogma do déficit cero introducindo drásticos recortes en materia de investimento público e gasto social”.

Porén, Francisco Jorquera asegurou que o BNG coincide cos contidos da moción, “xa que a suba do IVE é socialmente inxusta, pois acentúa a presión fiscal sobre as rendas media e baixas, as que teñen que dedicar máis porcentaxe da súa renda ás necesidades básicas de consumo”. E tamén porque “a suba do IVE é contraproducente, pois gravar o consumo nun contexto de deflación da demanda dificulta e atrasa a recuperación”.

Ademais, Francisco Jorquera denunciou a actitude do Grupo Socialista “que recorre á chamada esquerda parlamentaria para que non apoie unha iniciativa que provén do PP, pero non negocia coa esquerda as políticas fiscais, senón que pola contra asume cada vez máis os dogmas do ultraliberalismo”.

Nese liña sitúo as recentes declaracións da ministra de Economía nas que asegurou que “os impostos indirectos –caso do IVE- son os máis neutros na marcha da economía e polo tanto son os que hai que potenciar”. “Onde está o papel dos impostos como elemento de redistribución da riqueza?”, preguntouse. Por todo elo, anunciou o voto favorábel do BNG á moción contra a suba do IVE.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2010-03-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES