
A normalidade foi a nota característica na segunda xornada de apagados analóxicos dentro da terceira e última fase de incorporación de Galicia á Televisión Dixital Terrestre. Procedeuse ao cese de sinal dos emisores analóxicos denominados As Neves e Arbo o que supuxo a incorporación á TDT do concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. Os apagados producíronse sen que, polo momento, se rexistrasen incidencias técnicas salientables. Os acendidos dixitais de hoxe benefician aos 48.176 habitantes destes municipios, que poden ver a televisión unicamente a través do sinal dixital.
Os vindeiros ceses analóxicos desta Área Técnica de Domaio produciranse o día 23 deste mes, nos emisores Cañiza e Carril. Os concellos que se beneficiarán do seu paso á TDT serán os de A Cañiza, Covelo e a unha parte de Vilagarcía de Arousa, o que suporá a incorporación doutros 10.108 habitantes ao novo sistema de televisión dixital.
O seguinte cese nesta Área Técnica producirase o día 24 e afectará aos emisores Meis e Moaña, mentres que os concellos beneficiados serán os de Meis, O Grove, Cambados, Ribadumia, Portas, Barro, Moraña e, parcialmente, o de Moaña. É dicir, 45.507 habitantes máis incorporados á TDT.
Área técnica de O Páramo (Lugo)
Polo que se refire a Área Técnica de O Páramo, en Lugo, hai que sinalar que o vindeiro cese analóxico será o día 22 de marzo, nos emisores Ribeira de Piquín, Ribeira de Piquín II e Vilalba. Os concellos beneficiados serán os de Ribeira de Piquín, Vilalba e Pol, sendo un total de 17.999 habitantes máis incorporados ese día á TDT.
O día seguinte, 23 de marzo, producirase o cese analóxico dos emisores Becerreá, Conforto, Puentenuevo, Puentenuevo II, Vilameá, Sanpayo e Viveiro. Os novos concellos que pasarán a recibir sinal de TDT serán os de Becerreá, A Pontenova, Viveiro e Ourol, aportando 34.642 habitantes.
Como resumo pódese dicir que esta terceira e última fase do apagado analóxico, que comezou o pasado día 10 beneficiará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Lugo e Pontevedra, así como a cinco concellos de A Coruña. Esta fase finalizará o 2 de abril.
Fases I e II
Máis de millón e medio de galegos ven xa exclusivamente a TDT tras a conclusión das fases I e II do Plan nacional para o apagado analóxico, que se desenvolveron entre o 18 de xaneiro e o 1 de febreiro. Isto supón que o 56% dos cidadáns da nosa Comunidade, pertencentes a 203 concellos, quedaron incorporados á TDT.
O Goberno galego continúa co servizo de atención telefónica ao cidadán sobre a TDT co obxectivo de dar unha resposta máis áxil ás posibles dúbidas que lle poidan xurdir sobre todo este proceso tecnolóxico. Neste sentido funciona como xa sucedeu durante a primeira fase de implantación da TDT- o 012, para atender as consultas. Os cidadáns tamén poderán obter información a través da páxina web www.tdtgalicia.es.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.