Notas de prensa

O proxecto de decreto sobre a FP incorpora as linguas extranxeiras aos ciclos

O Consello Escolar de Galicia informou sobre o proxecto de decreto que regulará a FP en Galicia. Os ciclos serán adaptados ás necesidades e demandas da sociedade galega no relativo aos estudo se á mellora das competencias. O proxecto contempla promover o espíritu emprendedor.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na súa aposta polo plurilingüismo, presentou ao Consello Escolar de Galicia un proxecto do decreto polo que se regulará a ordenación xeral da Formación Profesional no sistema educativo de Galicia, e que incorpora as linguas estranxeiras á FP, de tal forma que algúns dos módulos profesionais dos ciclos formativos pasarán a impartirse nesas linguas, principalmente en inglés. Así mesmo, a Consellería de Educación promoverá accións para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado de formación profesional, co fin de favorecer a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos.

O Consello Escolar ditaminou sobre este proxecto, que ademais porá a disposición dos estudantes ofertas formativas que os cualifiquen para dar resposta ás necesidades do tecido produtivo galego. Deste xeito favorécese ademais a inserción laboral de persoal cunha ampla proxección profesional. Estes profesionais contarán con amplos coñecementos en prevención de riscos laborais,e coas competencias necesarias para traballar nas óptimas condicións de seguridade e de saúde.

O proxecto tamén contempla promover o espírito emprendedor entre os estudantes, nos que se desenvolverá ademais unha identidade profesional que os leve a interesarse por unha aprendizaxe continua, adaptándose á evolución dos procesos produtivos e ao cambio social.

En torno a isto, destaca a organización dos módulos en unidades formativas de menor duración que os orixinais, co fin de facilitar a aprendizaxe permanente dos estudantes, cunha maior flexibilidade que permita compatibilizar a FP co desempeño dun posto de traballo. Ademais, o alumnado de FP poderá obter a equivalencia dos módulos cursados en créditos ECTS (European Credit Transfer System) e ECVET (European Credit system for Vocational Education and Training). Así fomentarase a mobilidade entre os ciclos formativos e o ensino universitario, outra vía para impulsar a formación ao longo da vida. Deste xeito, a Formación Profesional convértese nun sistema de oportunidades, que abre as portas á continuación de estudos no ensino universitario, e facilita a incorporación dos mozos e mozas ao mercado laboral, cuestións de suma importancia nestes momentos de crise.

Ademais dos idiomas, a Consellería adáptase á realidade actual coa incorporación das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en todos os ciclos formativos, dun modo transversal e a través de actividades de ensino e aprendizaxe.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 2010-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES