O Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, presentaron o libro 100 Mulleres Galegas: Artistas Emerxentes, que descobre e fai visible unha mostra da arte en feminino que se está a facer nestes momentos en Galicia, asà como tenta recompensar, na medida do posible, a inxustiza histórica que no mundo das artes plásticas se cometeu ao longo da historia coas mulleres. A obra está editada pola ConsellerÃa de Cultura e Turismo e pola SecretarÃa Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e realizada pola Asociación Teenses pola Igualdade, que no acto estivo representada pola súa presidenta Rosa Gomez, que tamén é autora da obra xunto con Patricia Núñez.
Na presentación deste libro, Roberto Varela afirmou que esta obra “difunde e divulga unha parte indispensable da cultura galega, e constrúe ademais un discurso reivindicativo sobre o rol das mulleres nesta cultura, na nosa tradición e no noso presente artÃstico”. Asemade, o conselleiro de Cultura e Turismo incidiu en que “é necesario seguir reivindicando o caudal creativo das nosas artistas e a sensibilidade estética das artistas galegas; seguir promovendo a mirada enriquecedora que aportan as mulleres á nosa cultura”.
En referencia a este compromiso coa participación da figura das mulleres na arte, Roberto Varela mostrou o “firme compromiso da Xunta de Galicia na promoción e difusión do seu traballo, e o noso sincero entusiasmo ante iniciativas coma esta, que outorgan visibilidade á creación feminina galega, garantindo asà unha visión máis ampla e enriquecedora da nosa cultura”. O titular de Cultura e Turismo manifestou que a “produción das artistas galegas na súa diversidade, na súa complexidade e na súa riqueza, fuxindo de retratos estereotipados, contribúe a consolidar un sólido alicerce no que poderán apoiarse á súa vez as moitas creadoras que están por chegar”.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade indicou que “as mulleres artistas son as grandes ausentes da historia da cultura, moi especialmente das artes plásticas” e lamentou que “moito dese incesante traballo continúa sendo anónimo a pesares dos esforzos realizados por conseguir incorporar en pé de igualdade a información sobre as achegas femininas ao avance cientÃfico e cultural da humanidade”.”Tentar subsanar esa débeda histórica coas mulleres é un dos obxectivos”, puntualizou.
Marta González indicou que neste libro quÃxose “centrar a mirada nas mulleres como suxeito da arte e non coma obxectos da mesma” que foi o habitual ao longo da historia, e por iso, dixo, “estou convencida de que coa publicación desta obra dáse un paso importante na construción dunha narración alternativa, un anaco da historia presente das mulleres artistas galegas”.
Mulleres artistas
O libro presentado é un percorrido artÃstico pola obra de 100 mulleres que inclúe a artistas con experiencias e bagaxes moi diferenciados. Algunhas moi novas, comezando as súas carreiras artÃsticas; outras xa en idade madura, que coñeceron tardiamente a súa vocación e aptitudes e apuran con fruición os dÃas dedicadas en corpo e alma á recén descuberta paixón. Algunhas delas, xa se están a facer un oco no panorama artÃstico galego, e outras están máis afastadas destes circuÃtos pola imposibilidade de autopromocionarse individualmente ante unha escea artÃstica case sempre demasiado competitiva, pero contan cunha calidade e uns enfoques que non deberÃan pasar desapercibidos.
Na obra, son as mesmas artistas as que toman a palabra, narrando a súa historia, a súa relación coa arte, enriquecendo asà o volume a través do establecemento dun diálogo con cada unha delas.
O número 100 indica a transformación vivida polo mundo da arte neste século XXI. As artistas que participan no libro pertencen a xeracións distintas, teñen diferentes motivacións, utilizan distintas linguaxes artÃsticas: abstractas, narrativas, funcionais, surreais, obxectivas, feministas, crÃticas, comprometidas, intérpretes, etc. As propostas son diferentes, pero o resultado final conforma un interesante abano representativo do panorama artÃstico feminino en Galicia.
As artistas atópanse en orden alfabético, xa que as autoras consideraron que asà se permite observar o contraste dos diferentes estilos, temáticas, técnicas e materiais empregados, podendo deste modo contemplar obras dunha esencia máis clásica xunto a outras expresións artÃsticas máis experimentais; e tratando de dar a esta publicación un enfoque mais persoal, pois non só falan as artistas, senón tamén as mulleres.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.