O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela recolleu en Madrid o Premio de Intervención Arquitectónica concedido pola revista Descubrir el Arte, do grupo Unidad Editorial, á Cidade da Cultura como mellor proxecto arquitectónico do ano. Roberto Varela agradeceu este recoñecemento que se dá, asegurou, a “unha gran obra, unha icona e unha infraestrutura que está chamada a dinamizar a vida cultural galega nas próximas décadas”.
O conselleiro de Cultura e Turismo incidiu no Hotel Palace de Madrid no “esforzo importante” da Xunta de Galicia “para enfocar dunha maneira óptima este gran proxecto de Galicia” e de “dotalo de viabilidade inmediata”. Asemade, o responsable do departamento situou o obxectivo a curto prazo de “integrar a Cidade da Cultura no territorio, abrila e facer dela un espazo amable para todos os galegos e galegas”, insistindo na posta en marcha do complexo arquitectónico como a “obrigación apaixonante para a actual ConsellerÃa de Cultura e Turismo e, en xeral, para a Xunta de Galicia”.
Roberto Varela expuxo na súa intervención o potencial da Cidade da Cultura que “se perfila no noso horizonte como unha das grandes oportunidades de presentar e promocionar a cultura galega, asà como de acoller privilexiadamente ás demais culturas”.
O conselleiro definiu ao proxecto, obra de Peter Eisenman, como “a maior infraestrutura netamente cultural que se está a executar no noso paÃs”, un proxecto que segundo o conselleiro “influirá positivamente en toda a área do noroeste peninsular e que, sen dúbida, beneficiará ao conxunto de España”.
Premios da Cidade da Cultura
O galardón recibido esta tarde súmase a outros recoñecementos recibidos pola Cidade da Cultura ou polas persoas relacionadas coa súa construcción. Nesta traxectoria, a Cidade da Cultura recibiu o “Barcelona Meeting Point 2002” ao mellor proxecto inmobiliario nacional. En 2003, o complexo do Gaiás obtivo os premios “Arquitecture” P/A Award e Fundación Gabarrón (Valladolid) de artes plásticas, concedido ao arquitecto Peter Eisenman. No mesmo ano, o arquitecto norteamericano foi homenaxeado co premio dos III Encontros Internacionais de Arquitectura en Santiago.
En 2005 Peter Eisenman recibiu o Premio "Mario Pani” (México) debido á creatividade e vangarda nos seus deseños e destacando como o seu mellor traballo á Cidade da Cultura. No presente ano 2010 e como antesala ao “Premio de Intervención Arquitectónica” concedido pola revista Descubrir el Arte, a Biblioteca da Ciudad de la Cultura recibiu o “Golden gypsum” concedido en Madrid na categorÃa de Placa de Xeso Laminado.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.