Notas de prensa

Mar apoia o futuro da acuicultura galega participando en ACUI 2010

Continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo a través dunha acuicultura sostible e respetuosa co medio ambiente é o principal obxectivo da Consellería do Mar que demostra a súa aposta polo futuro do sector coa súa participación en ACUI 2010 que ten lugar no Recinto Ferial Fexdega, de Vilagarcía.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, amosou o seu “firme e decidido” apoio á Feira Internacional de Acuicultura ACUI 2010, que abre as súas portas. Durante o acto de inauguración, Rosa Quintana, cualificou o evento “coma unha aula na que ensinar e aprender, na que recoller experiencias doutras zonas do mundo” e o definiu coma unha feira “que vén a plasmar a potencialidade da acuicultura galega, tanto a mariña como a continental”.

Na súa intervención, a titular de Mar incidiu en que o obxectivo da Xunta é continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo a través dunha acuicultura, sostible e respectuosa co medio ambiente. A conselleira fixo fincapé da importancia de “xuntar, baixo o mesmo teito, ás institucións e ao sector, aos encargados de dar impulso económico, aos que potencian a innovación e aos que achegan o saber facer previo”, xa que, segundo dixo, “hai que unirse nunha aposta polo futuro”.

NotaNeste sentido, Quintana destacou “a recuperación do diálogo en plano de igualdade co sector” como o principal paso do seu departamento a prol da acuicultura nestes 10 meses. A conselleira recalcou que o seu equipo quere “estar a carón do sector, escoitalo e informalo, e sobre todo, fuxir da imposición xa que temos unha aposta común, que se basea na necesidade e no desexo de que Galicia volva a ser referente en acuicultura”. “Debemos facer valer a nosa potencialidade, facer uso e sacar proveito da nosa valía e experiencia, e non temer e quedar parados na dura pugna ante a competencia mundial”, aseverou.

Ao respecto, lembrou as iniciativas que o seu departamento está a tomar “a prol de Galicia e do seu dinamismo acuícola no futuro”, como a reformulación do Plan de Acuicultura, os investimentos e fondos recollidos nos orzamentos da Xunta e o recentemente anunciado Plan de Ordenación dos Cultivos Mariños.


Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, 2010-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES