Notas de prensa

Presentado o libro de Francisco Singul sobre o Camiño de Santiago

O conselleiro de Cultura e Turismo definiu ao exemplar “El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento” como unha obra “de valor incalculable dentro dos estudos do fenómeo xacobeo”.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou o libro El Camino de Santiago. Cultura y pensamiento do historiador Francisco Singul, responsable da Ãrea de Exposicións da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Roberto Varela definiu ao volume de Francisco Singul como unha obra “valiosa e necesaria” para “coñecer a nosa historia, a evolución histórica deste complexo e apaixonante fenómeno xacobeo” que vainos servir para “comprender mellor a súa vixencia actual, e para tomar as decisións máis adecuadas e acordes á súa esencia”.

A presentación, que tivo emprazo na Fundación Torrente Ballester contou coa presenza da directora cultural da Fundación, Carmen Becerra, o representante de Edicións Bolanda, Antonio Couto e o propio escritor e historiador, Francisco Singul.

O conselleiro de Cultura e Turismo describiu o volume de Singul como unha obra “significativa e de valor incalculable dentro dos estudos do fenómeno Xacobeo”. Ao fío da obra, o titular de Cultura destacou como obxectivo do Goberno galego de “aproveitar a potencialidade do Xacobeo” tocante ao “crecemento turístico, promoción cultural e impulso económico” sen esquecer a “esencia xacobea, a súa espiritualidade ecuménica e o ideal de integración europea que fixo posible”.

Respecto da autoría da obra, Roberto Varela lembrou o seu “incansable traballo de investigación e divulgación” e cualificou a Singul como “a persoa máis adecuada” para a construción deste exemplar. Na súa intervención, o conselleiro describiu ao autor, Francisco Singul, como “un dos grandes expertos internacionais sobre a materia” acreditado polas súas “numerosas publicacións, a súa participación en múltiples foros e o seu espléndido labor no Departamento expositivo da Sociedade de Xestión do Xacobeo”.

Na súa referencia ao historiador, escritor e responsable da Ãrea de Exposicións do Xacobeo, Roberto Varela valorou a virtude de Singul respecto á “capacidade de afrontar o fenómeno xacobeo en toda a súa complexidade, cun enfoque amplo e consciente das dimensións históricas, culturais, artísticas, relixiosas e espirituais do Camiño”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, 2010-03-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES