Notas de prensa

O Foro E. Peinador segue sumando adhesións ás súas propostas galeguizadoras

O Foro E. Peinador celebrou outro dos seus Encontros cunha ducia de empresas invitadas a coñeceren as proposta para incorporar a lingua galega ás distintas actividades nos seus negocios, propiciando o reencontro entre a economía e a identidade cultural galega.

O catálogo de propostas vai desde a redacción dos convenios colectivos, coa cláusula de dereitos lingüísticos incluídos, ata a extensión nas nóminas, contratos de traballo e outros documentos do ámbito das relacións laborais. A rotulación interior, o plurilingüísmo nas páxinas web, a etiquetaxe e a publicidade, forman parte das medidas dese abano de posibilidades que se lles ofrecen ás empresas para incorporaren progresivamente a lingua galega nas súas actividades empresariais dunha maneira natural, propiciando a tarefa do reencontro, aínda pendente, entre a economía e a identidade, que tal é o obxectivo que persegue o Foro E. Peinador.

As empresas participantes neste encontro “Encontro” foron: Celtic Estores, representada polo seu director xerente, Casián García; Energy, por Xabier Monteagudo; Alejandra Bernardo, Aguas de Mondariz; Xulio Fernández, presidente Filmax; José Domínguez Ãlvarez, director Financeiro do estaleiro Factorias Vulcano; Grupo Academia Postal, representada polo seu director xeral, Francisco Novoa Rodriguez; Francisco Rodriguez, Presidente da Confederación de Empresarios de Ourense; Lito Andión da Cooperativa Láctea “Hoxe”, e Xosé Manuel Ortigueira, director financeiro de Xesgalicia. Aínda que non estivo presente, Mario Cardama, de “Astilleros y Varaderos Francisco Cardama, S.A”, manifestou a súa adhesión ao proceso galeguizador.

Asistiron tamén don Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, que manifestou ou seu compromiso de apoio á normalización lingüística no ámbito empresarial, e don Carlos Varela García Fiscal Superior de Galicia.

Na mesma xuntanza tomouse o acordo de seguir apoiando o proceso de galeguización da etiquetaxe dos produtos agroalimentarios e continuar coas compañas dirixidas aos consumidores galegos, instándoos a preferiren estes produtos polo que supón de positivo para a normalización da lingua galega.

Asemade, o Foro E. Peinador, prepara para os próximos meses a organización de diversos actos para escenificar a adhesión ao proceso galeguizador, como no seu día foron os actos celebrados no Estaleiro “H.J.Barreras”, promovidos por esta empresa e ACLUNAGA, asociación do clúster galego do naval.

Proximamente está prevista a participación nestes “Encontros” de coñecidas empresas en Galicia, así como a organización dun acto conmemorativo do Primeiro Congreso de Economía Galega celebrado en 1925 en Lugo, que tanta pegada deixou na historia da nosa economía.

Foro E. Peinador, 2010-02-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES