
O prestixioso cociñeiro italo-galego Flavio Morganti, do Restaurante Galileo de Ourense, destacou a calidade gastronómica do peixe e marisco galego no transcurso dunha sesión de cociña en directo á que asistiu o director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio. A actividade enmarcouse no programa da ConsellerÃa do Mar no Fórum Gastronómico 2010, no seu afán de promocionar o consumo dos produtos do mar de Galicia.
O especialista culinario, acompañado do xornalista Tomás Alonso (do programa Larpeiros da TVG) realizou diversas presentacións con produtos da pesca costeira galega, amparados baixo a marca PescaderÃas. Ante preto dunhas 200 persoas, o especialista cociñou varios pratos nos que amosou as diferentes posibilidades gastronómicas que ofrecen especies coma o lirio, a xarda, o xurelo, o ourizo ou as navallas, entre outros. O italo-galego animou a consumir os produtos pescados artesanalmente en Galicia e a “valorar a nosa materia prima”. Entre as súas propostas destaca a combinación de peixe con ñoquis, “sobre todo para os mais pequenos”. Mentres cociñaba, Morganti destacou “a frescura e o sabor” dos produtos galegos e enxalzou as súas bondades nutritivas.
Degustacións no stand da Xunta
Ademais, o stand de Galicia no Forum Gastronómico de Santiago, representada polas ConsellerÃas do Medio Rural e do Mar, ofrece hoxe ata sete degustacións dos produtos máis enxebres da Comunidade Autónoma. Os embutidos Castrobello regados con distintos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra foron a primeira degustación que a Xunta ofreceu ao longo deste dÃa. Seguidamente, a D.O. RÃas Baixas foi a encargada de acompañar os Grelos de Galicia e o polbo das RÃas.
A continuación, o Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) organizou unha hora de cociña en vivo de produtos ecolóxicos e unha mostra dos viños da D.O. Valdeorras. As setas silvestris e o viño tostado da denominación de orixe Ribeiro tamén tiveron o seu oco neste certame.
A programación desta tarde inclúe a presentación da Indicación Xeográfica Protexida Tarta de Santiago xunto coa degustación do Viño Tostado do Ribeiro e a combinación de Ternera Galega e Patacas de Galicia con viños da D.O. Ribeira Sacra.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.