
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) celebrou unha Xornada sobre Estrutura e contido da memoria da análise do impacto normativo para a defensa da competencia. Pablo Figueroa, director da EGAP resaltou na inauguración das xornadas, que aos poderes públicos xestores da normativa en materia de liberdade de empresa incúmbelles facer normas que garantan ao mercado coma instrumento que distribúe de forma mais eficiente os recursos dos que dispón a comunidade. Para elo, os poderes públicos na súa actividade normativa deberán velar polo impacto que as normas producen no mercado, e conseguer que as políticas publicas teñan o menor impacto posible na libre competencia.
As xornadas comezaron cun relatorio pronunciado por Luis Berenguer Fuster, Presidente da Comisión Nacional da Competencia, que falou sobre a promoción da competencia e Administracións Públicas, facendo especial referencia ás actuacións de promoción da competencia, aos estudos e guías elaboradas para unha regulación mais eficiente da competencia coma un dos procesos básicos para o desenvolvemento económico de calqueira sociedade, xa que contribúe a incrementar a eficiencia do sistema produtivo, que se traslada aos consumidores en forma de menores prezos ou aumento da cantidade, calidade e variedade dos produtos. Para axudar nesta tarefa, a comisión nacional da competencia publicou unha Guía para a elaboración de memorias de competencia dos proxectos normativos.
De seguido, interveu Ana Isabel Moreno Muela, vocal primeira do Consello de Defensa da Competencia de Andalucía, que disertou sobre a Regulación e competencia en Andalucía. Salientou que seguindo a normativa andaluza, a súa Axencia da Defensa da Competencia debe informar con carácter preceptivo os anteproxectos de lei e proxectos de regulamento que incidan na libre competencia, co obxetivo de protexer os intereses xerais, dos consumidores e usuarios, e para favorecer o desenvolvemento socioeconómico da comunidade. A Axencia Andaluza fixa os criterios para determinar os supostos nos que un proxecto normativo pode incidir na libre competencia.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.