Pablo Núñez e Ramón Eijo, Premios de Xornalismo do Belén de Begonte
O lucense Pablo Núñez González acada o XXXIV Premio de Xornalismo do Belén de Begonte polo traballo titulado: Begonte, Belén infinito, publicado en www.galiciadigital.com.
O escritor lucense PABLO NÚÑEZ GONZALEZ ven de obter o PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO na súa XXXIV edición, dotado con 600€ e estatuña de Sargadelos, convocado polo Centro Cultural José DomÃnguez Guizán de Begonte, co patrocinio da Xunta de Galicia, polo seu traballo BEGONTE, BELÉN INFINITO, publicado en www.galiciadigital.com.
O segundo premio, dotado con 300€ e estatuña de Sargadelos foi para RAMÓN EIJO BALSEIRO, polo artigo A ALDEA DO BELÉN, publicado no xornal El Progreso.
Pola calidade do traballo concedéuselle unha Mención de Honra dotada con estatuña de Sargadelos a XOS RAMÓN ESCOURIDO BASANTA, por UNHA NOVA ESTRELA NO BELÉN DE BEGONTE, publicado en LA VOZ DE GALICIA.
O Xurado estivo formado por MARCIAL GONZALEZ VIGO, BLANCA PACÃN SOMOZA, JESUS DOMÃNGUEZ GUIZÃN e JOSÉ RODRÃGUEZ VARELA. Os premios serán entregados o sábado, trinta de xaneiro, ás cinco da tarde, no centro Cultural de Begonte, dentro dos actos de clausura do Belén Electrónico na súa XXXVIII edición.
X.X., 2010-01-26
Actualidad

O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.

Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saÃr adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artÃsticas nos espazos exteriores do Gaiás.