O Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) vén de converterse no primeiro centro público de Galicia en asociarse co Linux Professional Institute (LPI). Ademais, isto supón tamén que o CNTG é o segundo centro público asociado AAP (Asociated academic partner) do LPI en España.
Deste xeito, o CNTG, dependente da ConsellerÃa de Traballo e Benestar, funcionará como un centro formativo asociado ao LPI, unha organización sen ánimo de lucro dedicada a certificación de profesionais de Linux.
De feito, este Instituto oferta unha variada gama de certificacións para os profesionais do sector, todas elas cun recoñecido prestixio e con validez a nivel mundial. Ademais, este programas de certificación están en continua revisión e definición de contidos, sempre en contacto coa industria do sector, para poder determinar –e formar- aos perfÃs idóneos do profesional de Linux.
Para poder ser un centro LPI AAP, como o Centro de Novas TecnoloxÃas, é preciso ser un centro de ensino público e sen ánimo de lucro. Cómpre destacar, tamén, que ser un centro asociado supón que os docentes que impartan os cursos deben estar certificados no LPI, o que supón unha garantÃa no que respecta aos coñecementos dos instrutores.
Os exames de certificación efectuaranse no CNTG, dirixidos aos estudantes que realizasen a formación neste mesmo centro. Os exames contarán coa presenza dun representante do LPI e se efectuarán, segundo os requerimentos establecidos por este Instituto, en soporte de papel e non en ordenador.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.