
Ourense é o punto de encontro do sector funerario de toda a penÃnsula grazas á celebración da sexta edición de Funergal, unha feira profesional de carácter monográfico, que se está consolidando como un referente para empresarios do sector tanto en España coma en Portugal. Durante o acto de inauguración celebrado esta mañá, a directora xeral de Comercio, Nava Castro DomÃnguez, incidiu na importancia de Funergal como a única cita monográfica do sector funerario para o ano 2010, asà como no papel desta cita como unha vÃa de introdución das empresas galegas no mercado portugués, posto que en Portugal non existe ningunha feira especializada no sector.
Funergal, Feira de produtos e servizos funerarios, é unha das dúas citas do sector funerario celebradas en España e unha das cinco que se celebran en Europa. O seu obxectivo é fomentar o negocio, a competitividade e a actualización do sector funerario, ofrecerá unha ampla gama de produtos e de servizos, ao tempo que acollerá a celebración dunhas Xornadas Técnicas e mesmo unha entrega de premios organizados por un portal de internet especializado no sector.
Na edición deste ano, a feira conta cunha superficie de 6.000 metros cadrados, un 30% con respecto á edición anterior, e coa participación de 75 expositores, o que supón tamén un incremento do 15%. Entre os sectores representados hai 17 empresas de fabricación de ataúdes, unha área de negocio en constante crecemento e de grande relevancia e tradición na provincia de Ourense; haberá espazo para compañÃas de fabricación de vehÃculos funerarios, fabricantes de furnas e de lápidas, tanatorios, florerÃas ou encadernadores.
A actividade comercial de Funergal, que estará aberto aos profesionais no recinto feiral de Expourense en horario de 11:00 a 20:00 horas, complementarase coa celebración dunhas Xornadas Técnicas nas que se tratarán amplamente diversos temas relacionados coa evolución do sector funerario. As actividades centraranse na análise da situación do sector, en cuestións coma o marketing funerario, a xestión de cemiterios municipais ou a incorporación de internet aos servizos mortuorios. O sábado haberá unha sesión dedicada á tanatopraxia, na que se abordarán a homologación como nova profesión recoñecida, os cambios na lexislación, as necesidades formativas ou a introdución da muller no sector funerario.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.