O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, solicitou a comparecencia urxente na Comisión 1ª Institucional, da Administración Xeral, Xustiza e Interior do Parlamento galego para informar sobre o proceso de apagado analóxico e acendido dixital que se inicia o luns, 18 de xaneiro e que estará rematado o 3 de abril.
O secretario xeral de Medios solicita esta comparecencia a petición propia unha vez que a Xunta de Galicia e o Goberno central teñen ultimado as datas do apagamento analóxico.
Alfonso Cabaleiro Durán xa compareceu, tamén a petición propia, no Parlamento galego para informar de todo este proceso de dixitalización o pasado mes de xuño. Durante estes meses producÃronse distintos contactos e xuntanzas con alcaldes e representantes dos distintos grupos polÃticos para informalos deste proceso de transición á TDT.
Asà mesmo, o vindeiro venres, dÃa 15, pola mañá, o secretario xeral de Medios ofrecerá unha rolda de prensa para explicarlle aos medios de comunicación todos os aspectos deste proceso de apagado analóxico.
O luns, 18 de xaneiro, comezará a aplicarse en Galicia o apagón analóxico e o conseguinte acendido da televisión dixital das fases I (Ourense- Leste e Santiago) e II (Meda e Ares) que beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aÃnda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.
Este primeiro proceso de acendido dixital farase, de xeito gradual, desde o vindeiro luns, 18 de xaneiro, ata o 1 de febreiro. Máis adiante, continuarase co acendido das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aÃnda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Deste xeito, o 3 de abril prevese que estea totalmente rematado este proceso de acendido dixital.
Comezarán o dÃa 18 de xaneiro nos centros da Gudiña, Monterrei, VerÃn, Viana do Bolo (correspondentes á área técnica de Ourense-Leste), LalÃn, Lousame, Montouto, Porto do Son, Santiago-San Marcos, Silleda, Teo e Vila de Cruces (correspondentes á área técnica de Santiago), e rematarán o 1 de febreiro nos centros de Catoira, Noia, Santiago-Pedroso, Santiago II, Vedra (correspondentes á área técnica de Santiago), Ares, Arou, Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo, Xaviña (área técnica de Ares), Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios, Meda, Nogueira de RamuÃn, Ourense, Pantón, Pontevedra, Sobradelo e Xunqueira de Espadañedo (pertencentes á área técnica de Meda).
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.