A curta galega X nada, nomidada aos Premios Goya
A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios Goya, competindo na categorÃa de mellor curta de ficción. X nada xa conseguiu varios premios en festivais nacionais e internacionais.

A curtametraxe galega codirixida por Toni Veiga e Dani de la Torre e producida por Ficción Producións, X nada, pasou a primeira fase de preselección dos Premios da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España, formando parte das dez curtametraxes de entre os que sairán os catro nomeados na categorÃa de mellor curto de ficción.
A curta, que opta agora ao seu galardón máis importante, xa conta no seu haber con cinco premios e unha trintena de seleccións en importantes festivais nacionais e internacionais (Portobello, Bogotá, Curtocircuito, Cans, Boca del Lobo, Cortogenia, Baumann…).
X nada, unha alegación en contra do acoso e a violencia entre a xuventude, narra de forma trepidante unha realidade ficcionada a través dunha estética e un enfoque propios do documental, con cámara ao ombreiro, plano imperfecto e idea de neutralidade, que o converten nunha “fiestra indiscreta”, a través da que se mostra ao espectador unha das fatalidades da nosa sociedade actual.
O equipo e a produtora, independentemente do resultado final da preselección, non teñen máis que agradecer a resposta por parte de público e crÃtica que está tendo a curtametraxe, considerando un gran logro para todos chegar ata esta fase.
MartÃn Cañedo (Ficción Producciones S.L.), 2009-12-17
Actualidad

A Xunta de Galicia acaba de lanzar a nova edición do seu catálogo Films from Galicia, que ofrece unha completa panorámica da actual produción galega de cinema e televisión para a súa promoción nos principais mercados e feiras do sector a nivel internacional. A compilación de 2025 reúne 62 novos tÃtulos do audiovisual galego, dos que 14 foron estreados recentemente e os 48 restantes están ultimando a súa próxima chegada á gran e pequena pantalla. Tamén son 48 as producións desta escolma que contaron con financiamento da ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude a través dalgunha das liñas de subvencións ao sector que xestiona a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, pediu en Bruxelas un modelo de xestión compartida dos Fondos Europeos e o reforzo do papel dos entes territoriais. Galicia aposta por unha PolÃtica de Cohesión europea máis forte e moderna onde as rexións teñan un papel fundamental á hora de deseñar e xestionar as accións necesarias para abordar os retos de cada territorio, como puxeron de manifesto tanto o propio Miguel Corgos como o presidente da Xunta en distintas intervencións no Parlamento Europeo nos últimos meses. Durante unha intensa xornada de reunións, organizada pola Fundación Galicia Europa, Miguel Corgos trasladou a visión do Goberno galego sobre unha posible reforma dos fondos de cohesión para o novo marco de actuación.
Notas
O sector pesqueiro enfronta o desafÃo de optimizar as súas prácticas para reducir o impacto ambiental e mellorar a eficiencia no uso de recursos. Neste contexto, o doutorando Francisco Bottero e o seu titor de tese, Manuel González, do Laboratorio de EnxeñarÃa Mecánica do Centro de Investigación en TecnoloxÃas Navais e Industriais, que traballan no Campus Industrial de Ferrol, desenvolveron unha investigación coa que lograron un avance significativo que poderÃa transformar o deseño das redes de arrastre.
A Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) acaba de conceder ás universidades de Vigo e León a patente dun sistema de avaliación do equilibrio dinámico e do risco de caÃdas durante a marcha en persoas maiores e adultos. Esta innovación é froito das investigacións desenvolvidas nos últimos anos por José Luis GarcÃa Soidán e Vicente Romo, do grupo de investigación Hi10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, xunto con Raquel Leirós e José Alberto BenÃtez, da Universidad de León.