
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, calificou o dÃa de votación da nova Lei de pesca “como un dÃa importante para a Galicia mariñeira”. Rosa Quintana, afirmou que o texto que se somete a votación hoxe no Parlamento, é o resultado “de seis meses de traballo” consensuado e sen parón. A nova Lei abarca a modificación de 82 aspectos do texto da anterior normativa cos que o sector non estaba conforme. “Poñemos ao servizo do sector o que pedÃa e necesitaba, un taboleiro de xogo adecuado e práctico”, dixo a conselleira, emocionada, tras a súa intervención no Pleno da cámara galega.
Rosa Quintana destacou que a normativa foi aprobada polo sector “co seu consenso case unánime”, xa que no Consello Galego de Pesca só tivo un voto discordante, e que conta co acordo unánime nas alegacións dos bateeiros. Asà mesmo, remarcou que o articulado foi enviado e consultado con 114 entidades e asociacións como o resultado “dun proceso aberto e transparente”. Cabe lembrar que esta reforma legal conta con 6 alegacións do Consello Económico e Social (CES) fronte ás 28 da lei anterior.
Entre as novidades que incorpora a Lei está a recuperación do permiso de explotación (permex), con modificacións que minoran a burocracia e que serviu de exemplo para outras Comunidades Autónomas. Ademais, o articulado propón que o Servizo de Gardacostas e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) continúen tendo o seu propio marco xurÃdico, para evitar as complicacións e ineficiencias administrativas que suporÃa a súa extinción como entes de carácter público.
A conselleira subliñou que as confrarÃas xogan un papel fundamental na nova Lei que potencia a unión e organización do sector, ao manter o rango legal dos pósitos e a súa capacidade organizativa. “Nós non queremos un sector dividido, queremos un sector unido e forte”, aseverou.
Rosa Quintana incidiu que esta nova Lei “establece as regras de xogo para un sector que debe e quere seguir estando á cabeza de Europa en materia pesqueira”. AsÃ, a posta en marcha dos contadores a cero das concesións das bateas traerá vantaxes aos bateeiros e as mariscadoras beneficiaránse dun marco flexible coa primacÃa das que cumpran con responsabilidade e dedicación. Tamén se rebaixará a carga administrativa e a burocracia facilitando o seu traballo a mariñeiros e armadores. Asà mesmo, a normativa facilitará a tarefa da Administración ao evitar baleiros legais e administracións paralelas.
A titular de Mar agradeceu o esforzo común de todos aqueles que participaron na elaboración do documento “que da a Galicia un novo pulo para a súa actividade marÃtima”, e de maneira especial “ao Goberno de Galicia e ao equipo de traballo da ConsellerÃa” polo seu esforzo de revisión, redacción e elaboración dunha norma que evita moitos prexuÃzos e eivas e permite “darlle ao sector vÃas legais que rexan o futuro en condicións de competitividade”. Asà mesmo, a conselleira considerou fundamental as achegas do sector pesqueiro, marisqueiro e acuÃcola “o que amosa que queren traballar e decidir o seu futuro desde a responsabilidade e a asunción da conservación e aproveitamento dun papel de liderado a nivel español e europeo”.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.