
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou a súa chegada a Sao Paulo, en escala cara a Salvador de BahÃa, onde lle será concedido o tÃtulo de Ciudadano Bahiano, que os principais obxectivos da súa viaxe pasan por “mellorar os lazos institucionais e económicos, impulsar o Xacobeo 2010, e fortalecer o compromiso e o afecto coa colectividade”.
Neste sentido, o mandatario galego quixo destacar a importancia de “profundar nas relacións cunha parte do mundo que para Galicia ten obxectivos culturais, históricos, institucionais, económicos e, por suposto, coa colectividade, coa emigración”. “Brasil, Arxentina e Uruguai acollen a miles de galegos; probablemente, as colonias máis importantes se ubican nesta zona de América do Sur”, incidiu.
AsÃ, e en referencia á primeira das tres metas propostas, a da mellora dos lazos institucionais e económicos coa rexión, Feijóo sinalou que con paÃses como Brasil, “unha das primeiras potencias do mundo”, existe xa “un intercambio en importacións e exportacións” que beneficia á nación sudamericana e que, polo tanto, “pódese exportar moito máis a este gran paÃs, sobre todo en época de crise, cando hai menos posibilidades de exportar ao resto de España e de Europa”.
Por outra banda, e no tocante a difusión do Xacobeo 2010, o presidente galego manifestou o seu desexo de poder “ensinar e animar: ensinar o que imos facer e animar á xente a que veña a Galicia”. “Imos intentar que cada centro galego se converta nunha embaixada do Xacobeo, e que cada galego se converta nun embaixador do Xacobeo”, puntualizou.
O compromiso coa emigración
Asà mesmo, Núñez Feijóo quixo lembrar, tamén, que o terceiro obxectivo de estreitamento dos vÃnculos coa colectividade é un propósito ao que aspiraron e no que traballaron todos os seus predecesores no cargo. “Trátase dun compromiso iniciado por todos os presidentes da Xunta, desde 1992 con Xerardo Fernández Albor, os 16 anos de Manuel Fraga, os 4 anos de Emilio Pérez Touriño; e agora, por suposto, imos continuar por esta senda”. Unha senda que, como resaltou o propio Feijóo, transitará pola “equiparación de dereitos, tanto sociais, no ámbito da sanidade e no ámbito dos servizos sociais, como dereitos fundamentais”, especialmente o “dereito ó voto, que significa un voto nunha urna de cristal”.
Por último, o titular da Xunta amosou o seu agradecemento pola concesión do tÃtulo de Ciudadano Bahiano. “Veño a agradecer formalmente á Asemblea Xeral do Estado de BahÃa o tÃtulo de Ciudadano Bahiano. E veño a agradecer e a recoñecer que quen consigue realmente ese tÃtulo son os 30.000 galegos bahianos, que foron os que instaron ao parlamento a este recoñecemento, que non é a unha persoa se non que é a Galicia, e neste caso a quen ocupa a presidencia de Galicia neste momento”, rematou.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.