O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurou na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) as xornadas Cara onde vai o Estado autonómico?, nas que destacou o sentido da responsabilidade amosado sempre por Galicia no modelo autonómico e o seu esforzo por buscar equilibrios entre a unidade e a diversidade, na distribución do poder territorial e na dobre identidade galega e española.
Na súa intervención, o titular de Presidencia incidiu na plena disposición galega a participar no proxecto común de España sen renunciar á súa identidade galega e, tras trinta anos da aprobación dos primeiros Estatutos de AutonomÃa, subliñou a pertinencia das xornadas iniciadas hoxe porque é “o momento oportuno para analizar o Estado autonómico e o seu futuro.
“É un asunto de máxima transcendencia e actualidade”, apuntou Rueda, que recordou a reforma do Estatuto de AutonomÃa de Cataluña e o fallo do Tribunal Constitucional que está pendente sobre o novo texto. AsÃ, aproveitou para reclamar que non se produzan “presións irresponsables” sobre o Alto Tribunal, que deberá tomar unha decisión desde a máis “estricta obxectividade e observancia da legalidade”.
Tamén se referiu á reforma estatutaria catalana o director da EGAP, Pablo Figueroa, quen na súa intervención incidiu na oportunidade que representan estas xornadas neste momento, xa que “quen de verdade queira resolver un problema, primeiro debe velo”, dixo citando a Ortega y Gasset.
Pola súa banda, o coordinador das xornadas, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Blanco Valdés, aproveitou o acto para glosar a figura do presidente do Consello de Estado, Francisco Rubio, que foi o encargado de ofrecer a conferencia inaugural da xornada e a quen definiu como “o máis importante constitucionalista español destes momentos e moi probablemente da segunda metade do século XX”.
Na súa conferencia, titulada Reforma constitucional. Un debate aberto, o presidente do Consello de Estado e catedrático de Dereito Constitucional realizou un percorrido polo Estado das AutonomÃas tras recordar que “os seus futuros posibles están en función do seu presente, como o presente está en función do seu pasado”.
Francisco Rubio indicou que o presente é o resultado do que chamou “a terceira gran onda de reformas estatutarias” e considerou que de cara ao futuro ábrense tres sendas, na que a máis probable pero menos satisfactoria é seguir coa actual situación. As outras dúas pasan por unha reforma constitucional, ben sexa mantendo o Estado das AutonomÃas establecendo normas que regulen o procedemento de reforma dos Estatutos, ou ben indo cara un Estado federal.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.