
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou a “satisfacción de todo o pobo galego e do Goberno da Xunta pola liberación dos 36 tripulantes do Alakrana” e puxo a disposición das familias dos mariñeiros secuestrados toda a axuda e os recursos que precisen. “Despois de 47 dÃas de secuestro, por fin conseguimos que toda a tripulación, sa e salva poida volver a España, e poida volver, neste caso, a Galicia”, afirmou o mandatario galego nunha comparecencia ante os medios de comunicación para valorar a “boa nova” da liberación dos tripulantes do pesqueiro.
Núñez Feijóo explicou que, minutos antes de que o presidente do Goberno español ratificase aos medios a nova, concretamente ás 14,25 minutos, a vicepresidenta primeira do Goberno lle confirmou “que o barco Alakrana con toda a tripulación, xa estaba navegando con ruta a Seychelles” e que, “desde as Seychelles, aproximadamente 40 horas de navegación, se producirá a repatriación a España vÃa aérea”. “Inmediatamente falei coa muller do patrón que me confirma que o seu marido falou con ela e que está navegando dentro do barco con toda a tripulación rumbo a Seychelles, polo tanto, con normalidade”, sinalou Feijóo ao respecto indicando que lle transmitiu tamén “o afecto persoal e a nosa satisfacción e o noso alivio por este desenlace que tanto desexabamos e que tanto tardou”.
A disposición das familias
Nesta liña, o presidente galego quixo trasladar tamén todo o afecto do pobo galego, da Xunta de Galicia “ás familias e aos mariñeiros” que, dixo, “estou seguro que hoxe senten unha enorme emoción compartida por todo o pobo galego” e amosouse confiado en que “o esperadÃsimo encontro” dos tripulantes cos seus achegados se produza “en breve, unha vez tocada terra en Seychelles e unha vez facilitado o regreso vÃa aérea a España”.
O titular da Xunta tamén recoñeceu “a enteireza e o comportamento exemplar das familias e da tripulación, do patrón e dos mariñeiros” e aseverou que, desde o primeiro dÃa, “Galicia estará a disposición de todas as familias e de todos os mariñeiros para que superen, de forma definitiva, este lamentable episodio”.
A este respecto, Feijóo anunciou que, a través da conselleira do Mar e do conselleiro de Presidencia “se convocou xa o comité de seguimento entre as autoridades autonómicas e locais cun dobre obxectivo: facilitar todo aquilo que as familias precisen desde que cheguen a Galicia; e facilitar desde o primeiro dÃa as axudas psicolóxicas e de todo tipo que precisen os mariñeiros para reintegrarse no menor tempo posible á súa vida normal”. Polo tanto, remarcou o presidente galego, “seguimos dando un total apoio aos mariñeiros, seguimos dando un total apoio ás familias e seguirémosllo dando unha vez que cheguen a Galicia e nas semanas posteriores ata a súa absoluta recuperación e volta á normalidade”.
Traballar para que non se produzan novos apresamentos
Por último, o xefe do Executivo autonómico manifestou a súa vontade de traballar, “desde mañá” mesmo para tentar que non se volvan producir apresamentos ilegais como o do Alakrana noutros pesqueiros galegos e españois que faenan en augas do Ãndico.
“Ese será o labor que debemos empezar a partir de mañá”, insistiu lembrando, non obstante, que “hoxe é un dÃa de celebración, de felicitación, o dÃa de respecto máximo ás familias, aos mariñeiros, e o dÃa de dicir que, por fin, despois de 47 dÃas, 36 tripulantes do Alakrana están navegando cun rumbo que os traerá a casa, cun rumbo que os traerá a Galicia, que os traerá a España. Ese era o obxectivo que por fin, 47 dÃas despois, se consigue”, concluÃu.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.