A consellerÃa do Mar, representada polo Director Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro promociona os productos da pesca e da acuicultura, en especial a conserva e o conxelado na Feira ANUGA, que se está a celebrar en Colonia, Alemaña, dende o sábado 10 de outubro e ata o 14.
O stand da ConsellerÃa do Mar abarca unha superficie de 157,50 metros cadrados e está formado por coexpositores de 10 empresas diferentes. Trátase dunha das feiras máis grandes do mundo dedicadas ao sector das bebidas e da alimentación. Na súa 30 edición, este evento bienal, acolle 10 feiras especializadas en diferentes ámbitos do campo da alimentación baixo un mesmo teito.
O posto da Xunta de Galicia engloba a empresas do ámbito da conserva e do conxelado como son ANFACO, C&M EXPORT-COFIMAR, Calvo Congelados, Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Conservas Antonio Alonso, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Hijos de Carlos Albo, Ignacio González Montes, Industrias Cerdeimar e ORBE.
A citada feira acolle 6.607 expositores que proveñen de 95 paÃses diferentes. O orzamento que dedica a esta feira a Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa do Mar, ascende a 187.000 euros.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.