
O músico e produtor Juan Carlos Fernández Fasero (Arnoia, 1969) foi nomeado polo Consello da Xunta de Galicia novo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
Fernández Fasero realizou estudos de FÃsica na Universidade de Santiago e no Conservatorio Profesional de Música de Ourense na especialidade de guitarra. Foi membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi e autor de tres discos na súa carreira en solitario. Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreras e Lume.
Nominado en catro ocasións pola Academia de la Música como mellor autor en galego, recibiu tres premios Luar a producións por el realizadas.
Até a actualidade, foi director da empresa Zouma Producciones S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (AGAFONO).
En 2007 resultou elixido concelleiro polo Partido Popular no concello de Arnoia.
Juan Carlos RodrÃguez Fasero sucede como director da AGADIC a Miguel MartÃnez MartÃn Fernández, quen cesara no mesmo posto o pasado 7 de maio.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.