Notas de prensa

A Radio Municipal de Tui, en internet durante xullo

Xa é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.

Dende o 1 de xullo é posible escoitar a Radio Municipal de Tui a través de internet. Isto é así grazas a colaboración establecida coa Conectatparty que se vai celebrar do 16 ao 19 de xullo no Pavillón de Sobrada, en Tomiño.

Deste xeito a RMT é accesible dende calquera ordenador con conexión a internet a través da páxina web www.conectateparty.org ou www.conectatparty.org durante todo o mes de xullo. Para iso só é preciso clickar no enlace que está accesible no sitio web.

Este salto á rede era moi demandado polos oíntes da emisora municipal tudense, sobre todos por aqueles que se atopan no estranxeiro, ou noutros puntos de España onde non chega a cobertura por ondas. Así dende a súa posta en marcha en internet rexistráronse xa conexións dende Londres, Irlanda, Barcelona, Madrid, A Coruña, ou Santiago de Compostela. Isto permitirá amais que en moitas oficinas onde carecen de receptor de radio poidan seguir a programación da RMT ao través do ordenador.



Radio Municipal de Tui, 2009-07-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (Kyoki.jpg) A Rede Galega de Teatros e Auditorios dá comezo esta fin de semana a súa nova programación anual, que para este semestre ofrece 343 funcións de artes escénicas e musicais en 41 concellos das catro provincias. En concreto, durante os seis primeiros meses do ano serán 115 as compañías de artes escénicas e 12 os grupos de música que actuarán nesta Rede. Os espectáculos teatrais conforman unha gran parte desta actividade, con máis de 300 funcións. Pola súa banda, terán lugar 26 representacións de danza, tres de maxia e 17 de circo, o que confirma o progresivo aumento da presenza desta disciplina na carteleira. No relativo á música, están programados 16 concertos. Ademais, destaca a ampla oferta para o público familiar, con 128 actuacións deste perfil.
Foto de la tercera plana (castelao-isaacdiazpardo.jpg) Con motivo da celebración en 2025 do Ano Castelao, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten prevista unha programación coa que enxalzar a súa contribución histórica, con propostas como, a recreación virtual de Castelao nunha exposición na Cidade da Cultura, que permitira interactuar directamente con el, e na que tamén se reproducirá a súa voz. Deste xeito, será o mesmo Castelao quen guiará os visitantes nun percorrido pola súa vida, obra, achegas intelectuais e políticas e tamén creativas, a través dos seus debuxos. Esta recreación da figura e da súa vida no Metaverso será posible grazas ao proxecto Galiverso da Cidade da Cultura.

Notas

O Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo acaba de publicar un novo número, e xa van 9, da revista Cumieira, unha publicación que naceu para dar a coñecer os traballos científicos das investigadoras e investigadores máis novos no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios en galego. Neste último número recóllense catro investigación nas que se analizan diferentes cuestións, así como unha recensión sobre a novela histórica Ao sur da liberdade, ópera prima no mundo da prosa de ficción histórica do catedrático da UVigo Xosé-Henrique Costas.
A Universidade da Coruña acaba de dar vida a unha nova spin-off, a empresa Artefacto Arteducación, S.L.. Esta nova entidade xorde a partir do Departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, co apoio da Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC) da UDC. O obxectivo desta iniciativa é a transferencia de coñecemento a través do desenvolvemento de proxectos arteducativos, prácticas curatoriais e de mediación artística, educativa e cultural.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES