A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela coordina un programa de aloxamento en familias dos estudantes estranxeiros que tanto durante o verán como o resto do ano veñen a Santiago para participar nalgún dos cursos que organiza esta Oficina.
Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadÃa na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mÃnimo de dúas semanas e máximo de doce) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa. As familias serán retribuÃdas segundo o perÃodo da estadÃa.
As familias interesadas en acoller a estudantes estranxeiros poden contactar coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tel: 981-597035. E.mail: linguas@usc.es. ( à atención de Lola Romero).
A intelixencia artificial (IA), a súa gobernanza e o impacto na organizacións públicas centraron o II Encontro de Equipos de TecnoloxÃas da Información e Comunicacións (TIC) das comunidades autónomas, celebrado hoxe en Madrid, no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas.A Xunta de Galicia estivo representada polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, ao que acompañaron os responsables da Xerencia e das áreas de Administración Dixital, Infraestruturas e Seguridade, Solucións Tecnolóxicas Sectoriais, Transformación Dixital da Facenda Pública e a Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación.
Deseñado e posto en marcha pola ConsellerÃa de Medio Ambiente e Cambio Climático a través de MeteoGalicia —un servizo meteorolóxico de referencia na Comunidade—, o chamado Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal) permitirá dotar o operativo de loita contra o lume da Xunta dunha ferramenta tecnolóxica propia con capacidade para adaptarse á realidade en vivo, comparar distintos escenarios de evolución dun mesmo incendio e avaliar as medidas e actuacións en materia de extinción. Spigal superou xa unha fase de probas a partir dos datos reais dos incendios do verán pasado e está listo para entrar en funcionamento.