Notas de prensa

Inaugurada a XXXVII edición do Belén de Begonte (Lugo)

O bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, foi o encargado de ler o tradicional pregón da inauguración do Belén Electrónico de Begonte que cada ano promove a Asociación Cultural Domínguez Guizán, do concello lugués.

O sábado, 13 de decembro, inaugurouse o Belén de Begonte na súa XXXVII edición.

Os actos comezaron ás seis da tarde, na igrexa parroquial co Pregón do Nadal que foi pronunciado polo Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco que estivo acompañado polo Bispo de Mondoñedo.

Cantaron a misa e deron un breve recital de panxoliñas o coro titular da Catedral de Lugo, o Orfeón Lucense, dirixido por Armando Cotarelo.

De seguido, foi inaugurado o Belén Electrónico.

Nota






Ós actos asistiron o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero Calvo; o presidente de honra do Belén, o segoviano José Luís Hernangómez Sastre, e dez alcaldes da comarca: Guitiriz, Rábade, Outeiro de Rei, Xermade, Muras, Cospeito, Pastoriza, Vilalba, Abadín e Begonte (que invitou persoalmente ós rexedores chairegos a esta celebración).

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias

X.X., 2008-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (manuel-rey-is-in-da-house.JPG) O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.

Notas

Artellar un espazo para compartir e andar 'A voltas coa tradición' é a finalidade que persegue O Curso de Primavera que botou a andar este xoves 24 na Facultade de Humanidades. A vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, subiu o pano da que é unha cita consolidada na programación cultural lucense e que se desenvolve ao abeiro da Primavera Cultural da USC.
O campus de Ourense acolleu este xoves a celebración das II Xornadas galegas sobre protección e defensoría de mulleres defensoras de dereitos humanos, que levaron por título Os dereitos humanos ante unha nova orde mundial. Nelas analizouse "o impacto das recentes medidas impulsadas polo goberno dos Estados Unidos na defensa dos dereitos humanos a nivel global, así como os riscos que implica a actual deriva ideolóxica en Europa sobre os sistemas de protección internacional".
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES