A Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas celebra
a súa reunión anual no Centro Galego de Lisboa, que este ano celebra o seu centenario.
As sesións de traballo, que arrancan a tarde do venres 31 de outubro, e prolongaranse ata o mediodÃa do sábado dÃa 1, permitirán facer un balance sobre o grao de execución do Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009, asà como a análise das accións que, contempladas neste documento, serán executadas ao longo do ano 2009. O Secretario Xeral de Emigración, Manuel LuÃs RodrÃguez, será o encargado de expoñer ante a Comisión as liñas de actuación que se teñen posto en marcha en relación a este Plan, o primeiro destas caracterÃsticas feito por un goberno galego para responder ás necesidades do emigrantes galegos.
A Comisión Delegada está composta por catorce membros, dos que dous (representantes do Centro Galego de Bos Aires e a Casa de Galicia de Montevideo) son permanentes, e doce elixidos polo pleno do Consello de Comunidades Galegas que representan ás áreas xeográficas de España, Europa e América. Por España estarán presentes os representantes de Centro Galego de Santander, Centro Galego de Salamanca, Agrupación Cultural Saudade de Barcelona e Casa de Galicia en Bilbao; Centro Galego de Nuremberg, Centro Galego de Marsella, Sociedade Cultural Recreativa “O Lar Galego” de Rotterdam e Sociedade “A Noza Galiza” de Xenebra por Europa e por América estarán Sociedade Galega de Arentei, VilamarÃn e a Peroxa de Bos Aires, o Centro Recreativo Uniâo do rÃo Tea de Salvador de BahÃa, o Centro Social, Cultural e Deportivo de Bolos Valle Miñor de Montevideo e a Hermandad Gallega de Venezuela. Entre as súas competencias cóntase a preparación dos plenos e a elaboración dunha memoria anual.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.