Notas de prensa

Galicia Calidade concede o certificado de marca á Casa Brandariz (en Arzúa)

O establecemento de turismo rural situado na localidade de Dombodán foi construído en 1523 e na actualidade está rehabilitado con materiais propios da zona nun lugar de alto valor paisaxístico.

O director xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, xunto co delegado provincial na Coruña da Consellaría de Innovación e Industria, Xosé Luís Barcia, acompañados polo alcalde de Arzúa, Xaquín García, fixeron entrega do certificado da marca de garantía de Galicia Calidade aos propietarios de Casa Brandariz, establecemento de turismo rural situado na localidade de Dombodán, no concello coruñés de Arzúa. No acto procedeuse tamén á sinatura do contrato de licenza de uso da marca.

Na actualidade, son xa cinco os establecementos que prestan servizos de hospedaría licenciatarios da marca de garantía de Galicia Calidade, tres do ámbito do turismo rural, como son a propia Casa Brandariz e tamén Casa de Cacheiro e o Muíño da Pena, e os hoteis Hotel Augusta Spa Resort **** Superior, e o Hotel Louxo.

Segundo sinalou o director xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, o ámbito dos servizos de hospedaría é un dos sectores recollidos no Plan Estratéxico nos que Galicia Calidade ten unha presenza importante. Na actualidade, destacou, estanse a redefinir os criterios para que este tipo de establecementos podan ser licenciatarios da marca de garantía. No caso de Casa de Brandariz, os requisito para ser licenciataria baseábanse na posesión da marca Q de Calidade Turística, que outorga o Instituto para la Calidad Turística Española.

Ignacio Louzao afirmou que Galicia Calidade é consciente de que existen en Galicia un número de establecementos que representan un activo económico importante para o medio rural e que dispoñen dunha calidade contrastada como para ser merecedores deste distintivo. Neste senso, engadiu, o desenvolvemento dos servizos de hospedaría vai a repercutir nunha maior dinamización e posta en valor do rural que posibiliten o freo á despoboación do mesmo e que melloren as condicións de vida dos seus habitantes.

Casa Brandariz foi construída no ano 1523 e na actualidade está rehabilitada con materiais propios da zona. Dotado con sete habitacións este establecemento sitúase nun lugar con gran encanto paisaxístico e medioambiental, o que o converten nun establecemento elixido por moitos turistas ao longo do ano.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-10-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES