O grupo de investigación Viroloxía Molecular e Estrutural, dirixido
polo catedrático Francisco Javier Benavente e o profesor José Manuel
Martínez Costas, realiza a caracterización molecular dos reovirus
aviares para crear vacinas contra a artrite e problemas de absorción
dos alimentos nas aves. Non obstante, “as achegas non rematan aquí”,
apunta Benavente, que resalta que os mesmos virus son “posibles
axentes anticancro”.
O catedrático lembra que outros grupos de investigación demostraron as
propiedades antitumorais dos seus homólogos de mamífero e xa se están
realizando ensaios preclínicos. “Semella que ambos virus destrúen as
células canceríxenas sen afectar ao resto do organismo”, explica o
responsable do proxecto.
No futuro, as achegas poderán dar lugar á creación de vacinas para
tratar o cancro en seres humanos, “o que sería útil na loita contra
esta doenza”, comenta Benavente.
Este traballo de investigación básica céntrase na caracterización
biolóxica do reovirus aviar para coñecer a súa estrutura, composición
dos xenes e proteínas xunto coas alteracións que induce nas células
infectadas. O estudo é relevante pois, como o catedrático indica,
“enfermidades como a artrite afectan ás aves e, por conseguinte,
causan grandes perdas económicas na industria avícola”.
Descubrimentos patentados
O grupo tamén está a patentar un sistema para detectar as interaccións
entre proteínas no interior da célula baseado na expresión dunha delas
do reovirus aviar. Tratase dun sistema moi simple e de baixo custe,
polo que pode ser una boa alternativa a outros métodos que se utilizan
na actualidade.
Sobre a data de remate da investigación, Benavente subliña que “o
estudo dun virus nunca se acaba porque canto máis descobres, máis
cuestións interesantes xorden por resolver”.
Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

