
A exposición audiovisual itinerante “En Camiño” –organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da ConsellarÃa de Innovación e Industria, en colaboración coa Asociación de Cámaras de Comercio do Camiño de Santiago– comeza o seu circuÃto europeo en Xenebra. A exposición estará aberta até o dÃa 8 de outubro na sala de exposicións da Universidade da cidade suÃza. Ao acto inaugural, que terá lugar mañá mércores, ás 19 h., acudirá o director xeral de Turismo, Rubén Lois, o presidente da Cámara Oficial de Comercio Hispano SuÃza, asà como autoridades do cantón e cidade de Xenebra.
O 8 de outubro, con motivo da clausura da exposición, celebrarase un encontro sobre o Camiño de Santiago no edificio Uni-Dufour da universidade xenebrina, que inclúe conferencias de distintos estudiosos do Camiño como o presidente da Asociación SuÃza dos Amigos do Camiño de Santiago, Bernard de Senarclens; ou a ex membro do Parlamento Federal de SuÃza e conselleira nacional, Gabrielle Nanchen, autora do libro “Compóstelle: de la Reconquista à la Réconciliation”.
Destino Alemaña
Logo de Xenebra, a exposición trasladarse á tamén cidade suÃza de Zurich, onde será inaugurada o 13 de outubro, para posteriormente desprazarse a Alemaña, concretamente ás cidades de Frankfurt e BerlÃn. Ademais do circuÃto europeo a exposición tamén recalará nas cidades de Zaragoza e Xixón; na primeira entre os dÃas 3 e 29 de outubro e na segunda entre o 3 e o 15 de novembro.
Para poder acometer este dobre circuÃto simultáneo, organizouse unha versión especial para Europa da exposición na que se ofrecen un documental sobre a ruta xacobea e as distintas visións sobre o Camiño dalgúns dos fotógrafos galegos máis recoñecidos: Tono Arias, que centra o seu traballo no Camiño Francés; Xoán RodrÃguez, que o fai no Camiño Inglés; Xurxo Lobato, que se centra no Camiño de Fisterra e MuxÃa; e Vari Caramés e Tino MartÃnez, que ofrecen a súa mirada sobre a cidade de Santiago de Compostela.
A exposición xa estivo en Porto, Lisboa, Barcelona, Palma de Mallorca e Castellón, onde será clausurada hoxe martes, 30 de setembro.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.