O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou un convenio de colaboración con 8 asociacións representativas da minarÃa galega para a posta en marcha de actuacións que fomentan a dinamización e modernización do sector. A achega global do departamento autonómico ascende a 274.500 euros, con axudas que oscilan entre os 19.200 e os 68.000 euros por acción, en función das distintas actuacións que van desenvolver as 8 asociacións asinantes (Asociación Galega da Propiedade Balnearia; a Asociación Galega de Fabricantes de Maquinaria para Pedra; a Asociación de Graniteiros; a Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense; a Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia; a Asociación Galega de Ãridos e a Asociación de Canteiras de Galicia).
O convenio procura o desenvolvemento do sector impulsando diversas actividades que fomentan a cultura mineira, dinamizan a modernización do sector e implican a realización de accións formativas en materia de seguridade e saúde laboral. Deste xeito, as asociacións desenvolverán distintas actuacións que se concretan na celebración de xornadas e seminarios, programas formativos para directivos e traballadores con especial incidencia na temática de seguridade e saúde no traballo, estudos técnicos e publicacións, elaboración de unidades didácticas, creación de sitios webs, asà como misións comerciais e presenza en feiras internacionais, obradoiros e edicións de manuais de referencia para o sector.
Fernando Blanco enmarcou a sinatura deste convenio no conxunto de actuacións dirixidas polo seu departamento ao sector mineiro galego e, neste sentido, lembrou a aprobación en maio da Lei da MinarÃa de Galiza, a primeira que regula o sector a nivel galego, ou o apoio da ConsellarÃa á promoción exterior do sector, como foi o caso da presenza das asociacións galegas na Feira Internacional da Pedra Natural de Madrid, unha actuación desenvolvida no marco do Plan de Reactivación do Sector da Pedra Natural e que sinala a Francia e Gran Bretaña como principais mercados. O conselleiro nacionalista tamén salientou a posta en marcha do Plan Estratéxico de Prevención e Control dos Riscos Laborais na MinarÃa, un conxunto de medidas que vai supoñer un investimento de 2,7 millóns de euros ao longo do presente ano. En total, Innovación e Industria está a por en marcha actuacións para impulsar o sector da pedra en distintos ámbitos que suman máis de 5,1 millóns de euros durante o presente exercicio.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.